Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera

 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZO COOP
 
[ 20 de Maio de 2022 ]
 


 

Asemblea Xeral da Unión de Cooperativas EspazoCoop 
[ Luns 6 de Xuño - Santiago de Compostela ]

>> Cooperativas Socias < < EspazoCoop celebra o encontro anual das cooperativas. A Unión convoca a Asemblea xeral 2022, que se celebra o luns 6 de Xuño en Santiago de Compostela, ás 12 h. en primeira convocatoria e ás 12.30 h. en segunda. 
Como cada Asemblea, repaso da Xestión Social 2021, aprobación das contas e distribución dos resultados económicos. Tamén, o Plan de Xestión 2022 e as cotas asociativas deste ano serán presentadas para debate e aprobación. Ademais, a orde do día prevé a presentación da Proposta de Protocolos de Transparencia e Bo Goberno en EspazoCoopPor último, ás 14.30 h. compartiremos un xantar de petiscos con outras entidades da economía social do Foro pola Economía Social Galega.
Vas a perdelo? Consulta a Orde do Día, a Documentación, e inscríbete. 
Ler máis




Cooperativas máis sólidas: a función xerencial a exame

10ª edición e 15 anos de traxectoria do Programa 'Creando Mellora' da Unión de Cooperativas EspazoCoop.
Da necesidade de fortalecer as competencias de xestión nas cooperativas aparece hai xa quince anos un programa de apoio á función xerencial nas asociacións de cooperativas. O Programa intervén para conectar cooperativas que precisan mellorar na función xerencial e persoas con formación empresarial. 
En 2022 desenvolvemos a 10ª edición, “Creando Mellora” ven de iniciar etapa trala incorporación do persoal técnico de apoio en cadansúa cooperativa neste mes de Maio, que desta volta son as cooperativas socias Sacauntos, Galicloud, Seteoitavas, Cal3 e Pegadas. Ler máis





Arranca a campaña "Asóciate! A Unión fai a forza"

Hoxe arranca unha campaña comunicativa en redes sociais para promocionar a Unión co obxetivo de estimular entre as cooperativas galegas o interese por asociarse a EspazoCoop, por integrarse na asociación de cooperativas máis grande de Galicia en canto a número de socias (actualmente unha rede de 234 empresas cooperativas). 
A campaña Asóciate! A Unión fai a forza quere contribuír a incrementar o nivel de afiliación das cooperativas galegas, e en todo caso aumentar a visibilidade e o coñecemento sobre o labor e a función da Unión no cooperativismo da comunidade. 
Estade atentas ás redes! e se vos gusta compartide!




A Xunta fai público os Premios á Cooperación 2022, recoñecendo a tres cooperativas: Aventeira, 13 Graos e Agroflor

Os Premios concedidos pola Consellería de Emprego e Igualdade teñen como finalidade difundir e promover o cooperativismo e o seu impacto na sociedade, así como recompensar publicamente o labor que realizan as cooperativas a prol do desenvolvemento en Galicia con este modelo. Os Premios á Cooperación 2022 nas súas tres categorías, de fomento dos valores cooperativos, mellor proxecto novo e mellor traxectoria, recaeron respectivamente, nas empresas cooperativas Aventeira de Fene, 13 Grados de Vigo e Agroflor de Narón. Destacaron polo seu compromiso coa igualdade e por fomentar o apego ao territorio e as prácticas medioambientais respectuosas.

Dende EspazoCoop parabéns a todas!, e especialmente ás nosas socias, Aventeira e 13 Graos, esperando que estes premios sexan un impulso no seus proxectos. Ler máis


 


Mergulla dende a Escola
[ Unha proposta da cooperativa 13 Graos ]


A cooperativa 13 Graos -Educación Ambiental para a Divulgación e Conservación do Medio Mariño- lanza unha proposta de obradoiros destinados aos colexios cooperativos da Union de Cooperativas EspazoCoop para o curso 22-23.  A través deles difundirán e educarán sobre o medio mariño de Galicia entre a comunidade educativa. Consultas e intereses ata o 17 de Xuño. Ler máis


 


En Xuño continúa a formación
[Actividades formativas gratuítas de EspazoCoop, no marco da Rede Eusumo - Xuño 2022 ]

Abertos os procesos de inscrición das 4 actividades formativas gratuítas do mes de Xuño, realizadas no marco da Rede Eusumo. Ler máis

  • 7 Xuño – 10 Xuño 2022 | Lánzate a emprender en cooperativa | 20 h. | En Porto do Son
  • 7 Xuño – 23 Xuño 2022 | Contabilidade cooperativa nivel pro | 20 h. | Tele-formación
  • 14 Xuño – 30 Xuño 2022 | Ideas cooperativas en acción | 20 h. | Tele-formación
  • 14 Xuño – 30 Xuño 2022 | E se traballamos en equipo? | 20 h. | Tele-formación




Axudas 

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas.  As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste enlaceAxudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).  


 



Licitacións 

Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).



 



 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Travesía de San José 10, Ent.A. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104, baixo, esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Taboada Leal 15, entreplanta. 36203|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO