Guía para elaborar Plans de Igualdade en empresas cooperativas
Máis 8M para finalizar o mes de Marzo. Coceta lanza unha Guía para a elaboración de plans de igualdade nas cooperativas de traballo asociado adaptada ás particularidades do modeo empresarial.
A publicación, dispoñible na web confederal, dá resposta ás necesidades das cooperativas respecto á implantación de plans de igualdade laboral e retributiva que toda empresa con máis de 50 persoas traballadoras está obrigada a desenvolver e implantar. Pero á marxe da obrigatoriedade, os plans poden realizarse en cooperativas máis pequenas e recoméndase a súa elaboración e posta en marcha. Ler máis | Guía neste enlace
Oferta de Estadías en Cooperativas remuneradas para mellorar a formación e a empregabilidade.
Solicitudes ata 28 marzo!! | Continúa aberto o prazo de solicitude para aquelas persoas que queiran optar a unha Bolsa que lles permitirá realizar unha Estadía en prácticas nunha Cooperativa galega durante 5 meses, no marco da 10ª edición do Programa Creando Mellora.
A convocatoria está dirixida especialmente a mulleres en desemprego, menores de trinta anos, con estudos na área empresarial. Convócanse 4 bolsas en empresas cooperativas (Vigo, Santiago, A Coruña e Pontevedra), por un lado para apoiar o ámbito xerencial e procesos de mellora nas cooperativas, e por outro, para mellorar a formación, a experiencia, e a empregabilidade das bolseiras. As bolsas están dotadas cunha axuda económica mensual. Ler máis
Plataformas cooperativas xa!
[Curso online. Apúntate ao Webinar de presentación e información o 30 de Marzo]
A Unión de Cooperativas EspazoCoop é entidade colaboradora da 4ª edición do curso online de emprendemento en equipo que fomenta o desenvolvemento de novas plataformas cooperativas dixitais e a creación dunha comunidade global. Transformación dixital para servir á humanidade, Plataformas Cooperativas Dixitais, unha alternativa para facelo posible.
O curso está promovido pola Universidade de Mondragon – Mondragon Team Academy co Instituto para a Economía Dixital Cooperativa de The New School (Nova York). Como socias de proxecto estamos ademais de EspazoCoop, Florida Universitaria, Escola Andaluza de Economía Social e Tazebaez, a través dun consorcio apoiado por CEPES (a Confederación empresarial española da economía social).
30 de Marzo | Webinar de presentación e información, acceso libre, apúntate > neste enlace
Inicio do curso 25 de Abril | Inscrición aberta. Ler máis
Accións formativas de EspazoCoop no mes de Abril
Recordamos as actividades formativas previstas para o mes de Abril de 2022, no que hai programados 3 cursos gratuítos. A oferta formativa inicia o 4 de Abril co curso de Tele-formación "Asembleas e Xuntanzas" e continúa con dous cursos presenciais, en Porto do Son e en Sada:
>> Asembleas e xuntanzas | tele-formación | do 4 de abril ao 5 de maio | 40 h.
>> E se traballamos en equipo? | presencial | do 5 ao 8 de abril | 20 h. | En Porto do Son.
>> Achegándonos ao conflito | presencial | do 5 ao 8 de abril | 20 h. | En Sada. Ler máis
Axudas
Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas. As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste enlace: Axudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).
Licitacións
Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).
Asóciate!
Se es unha cooperativa galega e queres valorar facerte socia da Unión de Cooperativas EspazoCoop, ponte en contacto con nós, entaremos encantadas-os de responder as túas dúbidas e explicarte as vantaxes de pertencer á maior rede de cooperativas de Galicia. Ler máis