Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera

 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZO COOP
 
[ 6 de Maio de 2022 ]
 


 

Encontro sector Asesorías-Consultorías
[Programa: Itinerario de Intercooperación]

EspazoCoop desenvolve un programa para “Exerce-la Intercooperación” que busca impulsar procesos de colaboración, e promocionar e estimular a práctica deste Principio cooperativo fundamental que distingue especialmente a economía cooperativa e a cultura empresarial que poden exercer as cooperativas, sumando valor, diferenciándose así doutras formas de economía máis competitivas e excluíntes. O programa intervén en cinco sectores: Ensino, Cultura, Consumo, Asesorías-Consultoras, e Tic.

Próxima actividade en liña o Xoves 12 de Maio, co 'Encontro do sector Asesorías-Consultorías' a partir das 9.30 h. previa inscrición. 
Ler máis




Convenio de Colaboración entre o Concello de Porto do Son e EspazoCoop 

José Luis Oujo Pouso, Alcalde de Porto do Son, e Ana Olveira, Presidenta da Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop, asinaron un convenio de colaboración entre ambas as dúas entidades co obxectivo de fomentar o cooperativismo e a economía social, e apoiar  iniciativas e actuacións dirixidas ao fomento do autoemprego e á creación de cooperativas. Ler máis




Impulsando un sistema emprendedor no cooperativismo e a economía social

Curso de Tele-formación gratuíto, do 13 de Maio ao 14 de Xuño de 2022, no marco do Convenio de Colaboración co Concello de Santiago de Compostela | Formación destinada a persoas relacionadas profesionalmente coa creación de empresas e o emprendemento. As prescritoras no campo do emprego, a promoción económica ou a orientación laboral, teñen unha boa oportunidade de formarse para incorporar novos coñecementos nos seus procesos de traballo para a atención de usuarias, clientela, ou alumnado. Para inscribirse prema no enlace. Ler máis




[Oferta de Contratación] Servizo de deseño e desenvolvemento da actividade "Roteiro Cooperativo"

EspazoCoop lanza unha oferta para a contratación dun servizo de deseño e desenvolvemento do ‘Roteiro Cooperativo’ na cidade de Santiago de Compostela. Destinada ás cooperativas socias que realicen este tipo de servizos e que poderán candidatarse e presentar unha proposta ata o 16 de maio de 2022 ás 14 horas. Ler máis




Contabilidade Cooperativa Nivel Pro

Continúa aberto o proceso de inscrición para a formación Contabilidade Cooperativa Nivel Pro, o último curso programado en Maio, gratuíto e en modalidade de Teleformación, no marco da Rede Eusumo impartido por EspazoCoop.  Do 16 ao 31 de Maio de 2022.  Ler máis


 




Ecosistemas. Intercooperación como estratexia de fortalecemento, crecemento e consolidación

Inicio 23 de Maio | Formación online, incluída no Programa Especializado de Formación Xerencial de EspazoCoop, celébrase do 23 de Maio ao 30 de Xuño de 2022, e será impartido por ECOS Grup Cooperatiu. A través das sesións de aprendizaxe achegarán os aspectos e as condicións da intercooperación, recursos e experiencias. Abordarán as ferramentas para formalizar a intercooperación, tamén analizarán a viabilidade de proxectos de intercooperación. Plantexarán a necesidade de construír e coidar a relación, falarán de gobernanza sostible, a toma de decisións e a comunicación interna. A través desta formación coñeceremos as claves do éxito e do fracaso da intercooperación, e xa nas últimas sesións traballaranse procesos de intercooperación específicos. Para inscribirse prema no enlace. Ler máis


 




Mulleres Colleiteiras en Campaña de Avais para financiarse con Coop57

Ampliación de prazo! ata o Venres 13 de maio | Queres ser parte das garantías dun proxecto de economía circular, cooperativo e formado por mulleres?. A nosa cooperativa socia Mulleres Colleiteiras abriu unha Campaña de recollida de Avais para financiar a compra dunha furgoneta a través de Coop57 Galicia -Servizos financeiros éticos e solidarios-. Ler máis



 




Axudas 

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas.  As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste enlaceAxudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).  


 



Licitacións 

Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).


 




Asóciate! 

Se es unha cooperativa galega e queres valorar facerte socia da Unión de Cooperativas EspazoCoop, ponte en contacto con nós, entaremos encantadas-os de responder as túas dúbidas e explicarte as vantaxes de pertencer á maior rede de cooperativas de Galicia. Ler máis

 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Travesía de San José 10, Ent.A. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104, baixo, esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Taboada Leal 15, entreplanta. 36203|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO