Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera

 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZO COOP
 
[ 18 de Marzo de 2022 ]
 


Búscanse Bolseiras para realizar Estadías en Cooperativas
[Programa Creando Mellora, 10ª edición]

Iniciamos o proceso de selección de Bolseiras para participar nas Estadías en Cooperativas no marco do Programa Creando Mellora, na súa 10ª edición. Prazo: 28 de marzo de 2022.
A convocatoria está dirixida preferentemente a mulleres en desemprego ata trinta anos con estudos na área empresarial. Convócanse 4 bolsas (Vigo, Santiago, A Coruña e Pontevedra) que darán a posibilidade de realizar unha Estadía en prácticas nunha cooperativa galega durante 5 meses para apoiar o ámbito xerencial e procesos de mellora. As bolsas están dotadas cunha axuda económica mensual. Ler máis



A Universidade de Vigo acolle este mes de Marzo actividades formativas de EspazoCoop

A Unión de Cooperativas EspazoCoop en colaboración con ECOBAS e a Universidade de Vigo, e no marco do convenio de colaboración que manteñen ambas entidades, realizarán dúas actividades formativas presenciais e gratuítas, que aínda teñen o proceso de inscrición aberto:

>> Lánzate a emprender en cooperativa | 20 h. do 22 ao 25 de marzo.
>> Ideas cooperativas en acción | 20 h. do 29 de marzo ao 1 de abril.

As actividades realizaranse nas instalacións da Escola de Empresariais da UVigo ( Rúa Torrecedeira 105 de Vigo). Anímate a adquirir coñecementos en materia de cooperativismo. 
Ler máis.



Plataformas cooperativas xa!
4ª edición, curso online


EspazoCoop colabora no Curso online de emprendemento en equipo que fomenta o desenvolvemento de novas plataformas cooperativas dixitais e a creación dunha comunidade global. 

O curso online sobre Cooperativas de Plataformas Dixitais está promovido pola Universidade de Mondragon – Mondragon Team Academy co Instituto para a Economía Dixital Cooperativa de The New School (Nova York).  A Unión de Cooperativas EspazoCoop é entidade colaboradora xunto a Florida Universitaria, Escola Andaluza de Economía Social e Tazebaez, a través dun consorcio apoiado por CEPES (a Confederación empresarial española da economía social).
Inicio do curso 25 de Abril, inscrición aberta. Ler máis



Accións formativas de EspazoCoop no mes de Abril

Recordamos as actividades formativas previstas para o mes de Abril de 2022, no que hai programados 3 cursos gratuítos.  A oferta formativa inicia o 4 de Abril co curso de Tele-formación "Asembleas e Xuntanzas" e continúa con dous cursos presenciais, en Porto do Son e en Sada:
>> Asembleas e xuntanzas | tele-formación | do 4 de abril ao 5 de maio | 40 h.
>> E se traballamos en equipo? | presencial | do 5 ao 8 de abril | 20 h. | En Porto do Son.
>> Achegándonos ao conflito | presencial | do 5 ao 8 de abril | 20 h. | En Sada.
Ler máis



Transformación DixitalUnha proposta práctica para acceder a fondos de financiamento

A inscrición continúa aberta! | O próximo mércores 23 de Marzo dará inicio un novo Módulo formativo Transformación Dixital, incluído no Programa Especializado de Formación Xerencial de EspazoCoop en modalidade de tele-formación que consta de varias sesións virtuais de aprendizaxe. A docencia estará a cargo de Almeiro S. Coop. Galega.
O programa desta formación artellarase sobre exercicios prácticos de auto-avaliación, acompañada por especialistas, das necesidades e oportunidades de dixitalización de cada cooperativa. En cada paso, iranse definindo cales podería abordar a cooperativa grazas á dixitalización, e así establecer unha memoria técnica ou folla de ruta, que a cooperativa poida empregar para aplicar en potenciais convocatorias públicas. Ler máis

  



Asóciate! 

Se es unha cooperativa galega e queres valorar facerte socia da Unión de Cooperativas EspazoCoop, ponte en contacto con nós, entaremos encantadas-os de responder as túas dúbidas e explicarte as vantaxes de pertencer á maior rede de cooperativas de Galicia. Ler máis


 



Axudas 

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas.  As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste enlaceAxudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).


 

Licitacións 

Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).

 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Travesía de San José 10, Ent.A. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104, baixo, esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Taboada Leal 15, entreplanta. 36203|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO