Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera

 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZO COOP
 
[ 22 de Abril de 2022 ]
 



O Concello de Santiago e EspazoCoop colaboran para impulsar o modelo económico cooperativo

O Concello de Santiago de Compostela e a Unión de Cooperativas EspazoCoop colaboran na posta en funcionamento do programa "Impulsando un ecosistema emprendedor na economía social" durante 2022, dando continuidade ás liñas de traballo e á alianza que veñen desenvolvendo nos últimos anos. 
O Alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a Presidenta de EspazoCoop, Ana Olveira, presentaron na mañá do xoves 21 de Abril o Programa nunha rolda de prensa realizada no Concello. O programa propón actividades que permiten crear un sistema favorecedor e facilitador do emprendemento cooperativo e de economía social entre persoas, profesionais e colectivos da área de Compostela, e iniciarán a partir do mes de Maio de 2022. Ler máis




Elixe o teu curso!
[Actividades formativas de EspazoCoop - Maio 2022 ]

Presentamos as actividades formativas gratuítas previstas para o mes de Maio de 2022, realizadas no marco da Rede Eusumo. A programación dá inicio a primeira semana de Maio, a inscrición permanece aberta. Ler máis

  • 3 Maio – 6 Maio 2022 | Ideas cooperativas en acción | 20 h. | En Porto do Son
  • 4 Maio – 20 Maio 2022 | E se traballamos en equipo? | 20 h. | Tele-formación
  • 5 Maio – 23 Maio 2022 | Ideas cooperativas en acción | 20 h. | Tele-formación
  • 16 Maio – 31 Maio 2022 | Contabilidade cooperativa nivel pro | 20 h. | Tele-formación




A Unión de Cooperativas participará na Feira de Emprego da Universidade de Vigo

Os días 27 e 28 de Abril de 2022 a Unión de Cooperativas EspazoCoop participa na Feira internacional de Emprego organizada pola Universidade de Vigo, EMPREGOinCAMPUS.
EspazoCoop contará cun STAND propio no que dará a coñecer os seus servizos, as actividades formativas próximas e as cooperativas socias da Unión, co afán de conectar ás persoas tituladas ou do último curso da carreira universitaria co mundo do cooperativismo e coas cooperativas. As Cooperativas Socias interesadas en difundir algunha oferta no Stand de EspazoCoop poden contactar coa Unión para informar e así poder rexistrala no espazo de ofertas. Ler máis



 

Plataformas cooperativas xa!
[Curso online]

Inicio 25 de Abril | EspazoCoop é entidade colaboradora da 4ª edición do curso online de emprendemento en equipo que fomenta o desenvolvemento de novas plataformas cooperativas dixitais e a creación dunha comunidade global. Transformación dixital para servir á humanidade, Plataformas Cooperativas Dixitais, unha alternativa para facelo posible.

O curso está promovido pola Universidade de Mondragon – Mondragon Team Academy co Instituto para a Economía Dixital Cooperativa de The New School (Nova York).  Como socias de proxecto estamos ademais de EspazoCoop, Florida Universitaria, Escola Andaluza de Economía Social e Tazebaez, a través dun consorcio apoiado por CEPES (a Confederación empresarial española da economía social).

Inicio do curso 25 de Abril | Inscrición aberta. Ler máis




Comunicación Dixital Integral para a economía social

Inicio 3 de Maio | Comunicación Dixital Integral é un módulo formativo online, incluído no Programa Especializado de Formación Xerencial de EspazoCoop, celébrase do 3 ao 25 de Maio de 2022, e será impartido por O Cable Inglés s. coop. galega.
A través das sesións 
de aprendizaxe achegarán unha parte teórica e unha práctica na que se aplicará a teoría aos proxectos das participantes, ademais de coñecer casos de éxito, dentro e fóra do ámbito da economía social. Ler máis



 

Encontro de Cooperativas: 'Financiameno Ético e Solidario'
[ Sesión online, no marco do programa #SaímosCooperando ]

Xoves 5 de MaioOs Encontros son unha actividade aberta a tódalas cooperativas galegas que se realiza no marco de #SaímosCooperando, un programa de acompañamento para empresas cooperativas. As reunións de traballo son en formato virtual, de curta duración, para facilitar a asistencia das cooperativistas. O próximo encontro será o xoves 5 de Maio, en horario de 9.30 a 11.30, baixo o título: “FINANCIAMENTO ÉTICO E SOLIDARIO”. Asistencia libre previa inscrición. Ler máis




Próximos eventos da Oficina AceleraPeme 

Dende a Oficina Acelera Peme (Instituto Tecnolóxico de Galicia), con quen a Unión de Cooperativas mantén un Convenio de Colaboración, convidan ás cooperativas socias ás sesións sobre dixitalización que teñen programadas nas próximas semanas de Abril e Maio. Tódalas actividades son libres e gratuítas, previa inscrición: 

 



Axudas 

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas.  As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste enlaceAxudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).


 


Licitacións 

Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).


 




Asóciate! 

Se es unha cooperativa galega e queres valorar facerte socia da Unión de Cooperativas EspazoCoop, ponte en contacto con nós, entaremos encantadas-os de responder as túas dúbidas e explicarte as vantaxes de pertencer á maior rede de cooperativas de Galicia. Ler máis

 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Travesía de San José 10, Ent.A. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104, baixo, esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Taboada Leal 15, entreplanta. 36203|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO