Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
|
|
:
|
BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZO COOP
[ 1 de Abril de 2022 ]
#SaímosCooperando, 3ª edición
[Mentoring para empresas cooperativas]
Un programa de acompañamento e apoio ás cooperativas para minorar os impactos das crises. A Unión de Cooperativas EspazoCoop abre a convocatoria para solicitar o Programa #SaímosCooperando, destinado a cooperativas socias prioritariamente, e a outras cooperativas. Busca impulsar melloras na organización beneficiaria. Prazo de solicitudes: 13 Abril 2022.
Ler máis
Encontros de cooperativas
[Actividade dentro do programa Saímos Cooperando]
Mércores 6 de abril | Os Encontros son unha actividade aberta a tódalas cooperativas galegas que se realiza no marco de #SaímosCooperando, un programa de mentoring para empresas cooperativas. As reunións de traballo son en formato telemático de curta duración, para facilitar a asistencia das cooperativistas.
Están previstos cinco encontros entre os meses de Abril e Setembro de 2022. O vindeiro mércores 6 de abril realízase o primeiro deles, en horario de 9.30 a 11.30, baixo o título: “Saímos cooperando”. Ler máis
Novas cooperativas socias!
Presentamos ás 10 últimas cooperativas asociadas a EspazoCoop, deixamos a súa referencia para coñecelas e que podan ser tidas en conta á hora de practicar un consumo ou comercio cooperativo, intercooperar, como aliadas á hora de realizar traballos en común, ou para facer redes no sector cooperativo. Ler máis
Plataformas cooperativas xa!
[Curso online. Novo webinar de presentación 7 de Abril]
A Unión de Cooperativas EspazoCoop é entidade colaboradora da 4ª edición do curso online de emprendemento en equipo que fomenta o desenvolvemento de novas plataformas cooperativas dixitais e a creación dunha comunidade global. Transformación dixital para servir á humanidade, Plataformas Cooperativas Dixitais, unha alternativa para facelo posible.
O curso está promovido pola Universidade de Mondragon – Mondragon Team Academy co Instituto para a Economía Dixital Cooperativa de The New School (Nova York). Como socias de proxecto estamos ademais de EspazoCoop, Florida Universitaria, Escola Andaluza de Economía Social e Tazebaez, a través dun consorcio apoiado por CEPES (a Confederación empresarial española da economía social).
Xoves 7 de Abril | Webinar de presentación e información (español e inglés). Inicio do curso 25 de Abril | Inscrición aberta. Ler máis
Comunicación dixital integral para a economía social
Módulo formativo dentro do Programa Especializado de Formación Xeral, do 2 ao 25 de Maio de 2022 Online | Impartido por O Cable Inglés s. coop. galega. A través das sesións de aprendizaxe achegarán unha parte teórica e unha práctica na que se aplicará a teoría aos proxectos das participantes, ademais de coñecer casos prácticos de éxito, dentro e fóra do ámbito da economía social. Ler máis
Axudas
Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas. As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste enlace: Axudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).
Licitacións
Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).
Asóciate!
Se es unha cooperativa galega e queres valorar facerte socia da Unión de Cooperativas EspazoCoop, ponte en contacto con nós, entaremos encantadas-os de responder as túas dúbidas e explicarte as vantaxes de pertencer á maior rede de cooperativas de Galicia. Ler máis
|
|
|
|
ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop
A Coruña|Travesía de San José 10, Ent.A. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104, baixo, esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Taboada Leal 15, entreplanta. 36203|+ 34 986 866 149
|
|