Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera

 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZO COOP
 
[ 11 de Marzo de 2022 ]
 



A Universidade de Vigo acolle este mes actividades formativas de EspazoCoop

A Unión de Cooperativas EspazoCoop en colaboración con ECOBAS e a Universidade de Vigo, e no marco do convenio de colaboración que manteñen ambas entidades, están preparando dúas actividades formativas presenciais e gratuítas.
>> Lánzate a emprender en cooperativa | 20 h. do 22 ao 25 de marzo.
>> Ideas cooperativas en acción | 20 h. do 29 de marzo ao 1 de abril.
As actividades realizaranse nas instalacións da Escola de Empresariais da UVigo ( Rúa Torrecedeira 105). Aínda quedan prazas dispoñibles para adquirir formación e coñecementos en materia de cooperativismo. Ler máis.




A Unión de Cooperativas e o Concello de Sada colaboran para ofrecer formación en materia de cooperativismo

O Concello de Sada un ano máis, é o socio colaborador de EspazoCoop para ofrecer formación cooperativa á cidadanía do concello.  Dende a súa Axencia de Desenvolvemento Local están promovendo dúas actividades formativas presenciais e gratuítas.
>> E se traballamos en equipo? | 20 h. do 22 ao 25 de marzo.
>> Lánzate a emprender en cooperativa | 20 h. do 29 de marzo ao 1 de abril.
As actividades realizaranse no Salón de Plenos do Concello de Sada (Avda. do Porto 24). Aínda quedan prazas dispoñibles para acadar coñecementos en materia cooperativa a través destes cursos.
Ler máis.




[Vídeo] Laboratorio Escénico S. Coop. Galega

Imos chegando ao final da nosa campaña de divulgación de casos cooperativos do Concello da Coruña. Hoxe tócalle o turno a Laboratorio Escénico, un Centro de Artes Escénicas adicado á produción de espectáculos, á formación -danza, teatro e música-, e á investigación.
Dentro Vídeo para ver e escoitar o que nos teñen que dicir Alba Fernández, Carmen Cotelo, e Alejandro Varela, as socias deste proxecto cultural.

[Esta iniciativa está dentro dun convenio de colaboración para o fomento do cooperativismo e a economía social co Concello da Coruña]



Avance das accións formativas de EspazoCoop para o mes de Abril

Avanzamos a presentación das actividades formativas previstas para o mes de Abril de 2022, na que se ofrece 3 cursos gratuítos.  A oferta formativa inicia o 4 de Abril:

>> Asembleas e xuntanzas | tele-formación | do 4 de abril ao 5 de maio | 40 h.
>> E se traballamos en equipo? | presencial | do 5 ao 8 de abril | 20 h. | En Porto do Son.
>> Achegándonos ao conflito | presencial | do 5 ao 8 de abril | 20 h. | En Sada.
Ler máis




Transformación Dixital.
Unha proposta práctica para acceder a fondos de financiamento


A inscrición continúa aberta! | O 23 de Marzo dará inicio un novo Módulo formativo incluído no Programa Especializado de Formación Xerencial de EspazoCoop en modalidade de tele-formación que consta de varias sesións virtuais de aprendizaxe. A docencia estará a cargo de Almeiro S. Coop. Galega.

O programa desta formación artellarase sobre exercicios prácticos de auto-avaliación, acompañada por especialistas, das necesidades e oportunidades de dixitalización de cada cooperativa. En cada paso, iranse definindo cales podería abordar a cooperativa grazas á dixitalización, e así establecer unha memoria técnica ou folla de ruta, que a cooperativa poida empregar para aplicar en potenciais convocatorias públicas. Ler máis

  



 

En Rexenerando queremos ser máis! [Oferta de traballo]

Rexenerando é unha cooperativa sen ánimo de lucro afincada en Ferrol. Dende aquí, un equipo multidisciplinar de persoas desenvolven proxectos arredor de tres eixos de traballo: igualdade de xénero, participación social e cultura. Que están a buscar? Para reforzar o equipo de traballo neste ano 2022 buscan unha persoa implicada, que complemente os seus saberes, que comparta a súa mirada, da que poder aprender e coa que reforzar o seu proxecto a medio prazo.
O perfil profesional e académico sería o dunha técnica de proxectos, licenciada ou graduada en ciencias sociais.  Ler máis




Asóciate! 

Se es unha cooperativa galega e queres valorar facerte socia da Unión de Cooperativas EspazoCoop, ponte en contacto con nós, entaremos encantadas-os de responder as túas dúbidas e explicarte as vantaxes de pertencer á maior rede de cooperativas de Galicia. Ler máis


 




Axudas 

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas.  As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste enlaceAxudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).


 


Licitacións 

Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).

 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Travesía de San José 10, Ent.A. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104, baixo, esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Taboada Leal 15, entreplanta. 36203|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO