Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera

 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZO COOP
 
[ 25 de Febreiro de 2022 ]
 



O Foro ve na elección de Santiago como capital española da economía social un recoñecemento a este sector en Galicia

Gándara, presidente do Foro pola Economía Social Galega, espera que esta "capitalidade" axude a que se recoñeza a economía social "como un antídoto contra a desigualdade social e a fragmentación territorial". Un modelo económico que en Galicia representa máis de 74.000 socias, comuneiras e mutualistas.
O anuncio de Santiago como capital 2022 da Economía Social no estado realizouse esta semana por parte da ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz. 
Ler máis




Actividades formativas de EspazoCoop [Marzo 2022]

A Unión de Cooperativas EspazoCoop preséntavos as actividades formativas previstas para o mes de Marzo de 2022, na que ofrece 5 cursos gratuítos. A oferta formativa inicia o 9 de Marzo, e está conformada por actividades en modalidade teleformación e en presencial, a primeira través da plataforma da Aula Virtual de EspazoCoop e a presencial nas localidades de Sada e Vigo. Trátase de cursos en materia de Finanzas éticas, Emprendemento cooperativo, Traballo en equipo e Planificación do proxecto cooperativo. Ler máis




Programa Creando Mellora (10ª edición)
Análise, planificación e xestión participada


Abrimos a convocatoria para que as cooperativas soliciten a súa participación no Programa Creando Mellora, un programa de Bolsas para realizar procesos de mellora en cooperativas que brinda soporte para consolidarse. Por que solicitar este Programa? Se sodes unha cooperativa que quere mellorar e mesmo impulsar a área da xerencia, este programa pode interesarte. O recurso permitirá contar cunha persoa titulada con formación empresarial, durante 5 meses, para realizar un Plan de Mellora e  funcións xerenciais na vosa empresa. Prazo: venres 11 de Marzo 2022. Ler máis.




Programa Especializado de Formación Xerencial 2022  [EspazoCoop]

Recordamos as próximas actividades formativas incluídas no Programa Especializado de Formación Xerencial de EspazoCoop que se desenvolven en modalidade de teleformación e contan con sesións virtuais de aprendizaxe:

  • "Transformación Dixital. Unha proposta práctica para acceder a fondos de financiamento". Impartido por Almeiro S. Coop. Galega. Do 23 de marzo ao 7 de abril.

  • "Comunicación Dixital Integral para empresas de economía social".
    Impartido por O Cable Inglés S. Coop. Galega. Do 2 de maio ao 25 de abril.

  • "Ecosistemas. Intercooperación como estratexia de fortalecemento, crecemento e consolidación". 
    Impartido polo Grup Cooperativo Ecos. Do 23 de maio ao 30 de xuño. Ler máis

  




[Vídeo] Hábitat Social s. coop. galega

Seguimos amosando casos cooperativos do Concello da Coruña, presentámosche a Hábitat Social, un Estudio de Arquitectura que orientan o seu esforzo a proxectos con calado social e ambiental e a liñas como a Bioconstrucción. Para Hábitat integrar no modo de traballo a participación das persoas que se achegan ao Estudio é algo importante que os diferenza.
Escoita neste Vídeo a Ramón, Carolina, José Manuel, e Javier, as socias de Hábital Social.


[Esta iniciativa está dentro dun convenio de colaboración para o fomento do cooperativismo e a economía social co Concello da Coruña]




Coceta insta ao goberno a que incorpore solución que contemple a "especial mofoloxía" das cooperativas nas regulacións de igualdade

Esta semana, no Día Europeo da Igualdade Salarial, o 22 de febreiro, a Confederación Española de Cooperativas de Traballo Asociado -Coceta- volveu a poñer de manifesto o compromiso das empresas cooperativas coa igualdade e, concretamente, co principio de "a igual traballo, igual remuneración”, e require unha adaptación dos RD 901/2020 e o 902/2020.  Ler máis.


 

 

Asóciate! 

Se es unha cooperativa galega e queres valorar facerte socia da Unión de Cooperativas EspazoCoop, ponte en contacto con nós, entaremos encantadas-os de responder as túas dúbidas e explicarte as vantaxes de pertencer á maior rede de cooperativas de Galicia. Ler máis


 




Axudas 

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas.  As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste enlaceAxudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).


 


Licitacións 

Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).

 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Travesía de San José 10, Ent.A. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104, baixo, esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Taboada Leal 15, entreplanta. 36203|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO