Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
|
|
:
|
BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZO COOP
[ 29 de Abril de 2022 ]
EspazoCoop participou na segunda edición dos Cafés con Aroma a Economía Social
Neste encontro organizado polo Foro pola Economía Social Galega o pasado 22 de abril, déronse cita representantes das empresas máis grandes da economía social galega xunto a representantes da Xunta de Galicia. O almorzo informativo constitúe un dos foros de economía social máis importantes de Galicia, e ten por obxectivo incrementar a identidade de empresas de economía social, ademais de analizar como os novos valores e principios poden formar parte das vantaxes competitivas e corporativas de cada empresa. Ler máis
Programa: Itinerario de Intercooperación
Dende EspazoCoop arranca un programa para “Exerce-la Intercooperación”, que busca impulsar procesos de intercooperación, e promocionar e estimular a práctica deste Principio cooperativo fundamental que distingue especialmente a economía cooperativa e a cultura empresarial que poden exercer as cooperativas, sumando valor, diferenciándose así doutras formas de economía competitivas e excluíntes. O programa intervén en cinco sectores: Ensino, Cultura, Consumo, Asesorías-Consultoras, e Tic.
As actividades inician o sábado 7 de Maio, cun primeiro 'Encontro do sector do Ensino' destinado aos centros de ensino cooperativos e de economía social, será no Colexio Abrente de Portonovo a partir das 10 h. . Ler máis
Impulsando un sistema emprendedor no cooperativismo e a economía social
Curso de Tele-formación gratuíto, do 13 de Maio ao 14 de Xuño de 2022, no marco do Convenio de Colaboración co Concello de Santiago de Compostela | Formación destinada a persoas relacionadas profesionalmente coa creación de empresas e o emprendemento. As prescritoras no campo do emprego, a promoción económica ou a orientación laboral, teñen unha boa oportunidade de formarse para incorporar novos coñecementos nos seus procesos de traballo para a atención de usuarias, clientela, ou alumnado. Para inscribirse prema no enlace. Ler máis
Elixe o teu curso!
[Actividades formativas de EspazoCoop, no marco da Rede Eusumo - Maio 2022 ]
Continúan abertos os procesos de inscrición das actividades formativas gratuítas do próximo mes de Maio de 2022, realizadas no marco da Rede Eusumo. A programación dá inicio a primeira semana do mes. Ler máis
- 3 Maio – 6 Maio 2022 | Ideas cooperativas en acción | 20 h. | En Porto do Son
- 4 Maio – 20 Maio 2022 | E se traballamos en equipo? | 20 h. | Tele-formación
- 5 Maio – 23 Maio 2022 | Ideas cooperativas en acción | 20 h. | Tele-formación
- 16 Maio – 31 Maio 2022 | Contabilidade cooperativa nivel pro | 20 h. | Tele-formación
Mulleres Colleiteiras en Campaña de Avais para financiarse con Coop57
Ata o venres 6 de maio | Queres ser parte das garantías dun proxecto de economía circular, cooperativo e formado por mulleres?. A nosa cooperativa socia Mulleres Colleiteiras abriu unha Campaña de recollida de Avais para financiar a compra dunha furgoneta a través de Coop57 Galicia -Servizos financeiros éticos e solidarios-. Ler máis
Comunicación Dixital Integral para a economía social
Inicio 3 de Maio | Comunicación Dixital Integral é un módulo formativo online, incluído no Programa Especializado de Formación Xerencial de EspazoCoop, celébrase do 3 ao 25 de Maio de 2022, e será impartido por O Cable Inglés s. coop. galega.
A través das sesións de aprendizaxe achegarán unha parte teórica e unha práctica na que se aplicará a teoría aos proxectos das participantes, ademais de coñecer casos de éxito, dentro e fóra do ámbito da economía social. Ler máis
Encontro de Cooperativas: 'Financiameno Ético e Solidario'
[ Sesión online, no marco do programa #SaímosCooperando ]
Xoves 5 de Maio | Os Encontros son unha actividade aberta a tódalas cooperativas galegas que se realiza no marco de #SaímosCooperando, un programa de acompañamento para empresas cooperativas. As reunións de traballo son en formato virtual, de curta duración, para facilitar a asistencia das cooperativistas. O próximo encontro será o xoves 5 de Maio, en horario de 9.30 a 11.30, baixo o título: “FINANCIAMENTO ÉTICO E SOLIDARIO”. Asistencia libre previa inscrición. Ler máis
Ecosistemas. Intercooperación como estratexia de fortalecemento, crecemento e consolidación
Inicio 23 de Maio | Ecosistemas é un módulo formativo online, incluído no Programa Especializado de Formación Xerencial de EspazoCoop, celébrase do 23 de Maio ao 30 de Xuño de 2022, e será impartido por ECOS Grup Cooperatiu. A través das sesións de aprendizaxe achegarán os aspectos e as condicións da intercooperación, recursos e experiencias. Abordarán as ferramentas para formalizar a intercooperación, tamén analizarán a viabilidade de proxectos de intercooperación. Plantexarán a necesidade de construír e coidar a relación, falarán de gobernanza sostible, a toma de decisións e a comunicación interna. A través desta formación coñeceremos as claves do éxito e do fracaso da intercooperación, e xa nas últimas sesións traballaranse procesos de intercooperación específicos. Para inscribirse prema no enlace. Ler máis
Axudas
Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas. As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste enlace: Axudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).
Licitacións
Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).
Asóciate!
Se es unha cooperativa galega e queres valorar facerte socia da Unión de Cooperativas EspazoCoop, ponte en contacto con nós, entaremos encantadas-os de responder as túas dúbidas e explicarte as vantaxes de pertencer á maior rede de cooperativas de Galicia. Ler máis
|
|
|
|
ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop
A Coruña|Travesía de San José 10, Ent.A. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104, baixo, esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Taboada Leal 15, entreplanta. 36203|+ 34 986 866 149
|
|