Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera

 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZO COOP
 
[ 18 de Febreiro de 2022 ]
 



Programa especializado de formación xerencial 2022 | EspazoCoop

A Unión de Cooperativas Espazocoop pon en marcha a súa oferta de actividades incluídas no PROGRAMA ESPECIALIZADO DE FORMACIÓN XERENCIAL. Para esta programación ofrecemos 4 accións formativas que se desenvolven en modalidade de teleformación con sesións virtuais de aprendizaxe, entre os meses de febreiro e xuño de 2022. A primeira xa deu inicio pero a inscrición está aberta para as próximas formacións en materia de : Transformación Dixital, Comunicación Dixital e Intercooperación. Ler máis

  




Vídeo: Coma Comunicación s. coop. galega

Presentámosche a Coma Comunicación, unha asociada que traballa como Axencia de Comunicación, novo exemplo dunha cooperativa da Coruña que saben ben das virtudes do modelo cooperativo para levar adiante a súa profesión: comunicación creativa, prensa, deseño gráfico, redes sociais, maquetación de materiais, e máis. Formada por catro socias, escoita agora a Marta Paz e Diego Jiménez neste vídeo. Non o poden explicar mellor "O noso xeito natural de colaborar era unha cooperativa". 

Esta iniciativa está dentro dun convenio de colaboración para o fomento do cooperativismo e a economía social co Concello da Coruña.
 




Axudas para "Casas do Maior" baixo o modelo de cooperativa de traballo

A Consellería de Política Social da Xunta de Galicia convocou ás Axudas para a posta en marcha de casas do maior. Trátade de subvencións para os anos 2022 e 2023, destinadas a persoas físicas ou cooperativas de traballo asociado, para a posta en marcha de casas do maior e a continuidade de casas do maior en funcionamento desde o ano 2019.
Dende a Unión de Cooperativas EspazoCoop estamos a disposición para dar soporte a este tipo de proxectos cooperativos no ámbito dos coidados. Prazo da solicitude de axudas: 11 de marzo 2022.
 Ler máis





 


Premios á Cooperación 2022

A Consellería de Emprego e Igualdade convocou os Premios á Cooperación 2022, cuxa finalidade é fomentar e difundir o cooperativismo, os seus principios e valores, así como recompensar publicamente o labor que os/as cooperativistas veñen realizando a prol do desenvolvemento do movemento cooperativo na Comunidade Autónoma Galega. Poden optar a estes premios as cooperativas galegas que realizasen un destacado labor no eido do cooperativismo en Galicia. Consta de 3 categorías: Premio aos Valores Cooperativas, ao Mellor Proxecto Novo, e á Traxectoria, cada un dotado con 5.000 €. Prazo para candidatarse: 29 Abril 2022. Ler máis


 

 

Asóciate! 

Se es unha cooperativa galega e queres valorar facerte socia da Unión de Cooperativas EspazoCoop, ponte en contacto con nós, entaremos encantadas-os de responder as túas dúbidas e explicarte as vantaxes de pertencer á maior rede de cooperativas de Galicia. Ler máis


 




Axudas 

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas.  As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste enlaceAxudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).


 


Licitacións 

Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).

 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Travesía de San José 10, Ent.A. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104, baixo, esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Taboada Leal 15, entreplanta. 36203|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO