Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera

 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZO COOP
 
[ 13 de Maio de 2022 ]
 


 

Asemblea Xeral da Unión de Cooperativas EspazoCoop, luns 6 de Xuño 
[Santiago de Compostela]

EspazoCoop celebra o encontro anual das Cooperativas Socias. A Unión convoca á Asemblea xeral 2022, que se celebra o luns 6 de Xuño en Santiago de Compostela, ás 12 h. en primeira convocatoria e ás 12.30 h. en segunda convocatoria. Ler máis




EspazoCoop asitiu á Asemblea do Foro pola Economía Social Galega, na que se presentou un estudo do impacto socioeconómico dos valores da economía social

A presidenta de EspazoCoop, Ana Olveira, asistiu á Asemblea do Foro pola Economía Social Galega, o pasado 4 de maio. Nesta cita o Foro aproveitou para presentar os resultados do Estudo sobre o Impacto Socioeconómico dos Principios e Valores da Economía Social Galega. 

O informe demostra que a economía social ten un peso significativo no tecido empresarial galego, xa que 5 de cada 100 empresas ou entidades do sector privado pertencen a ela.
As comunidades de montes son o tipo de entidade máis numeroso (preto do 40% do total), seguidas das asociacións e fundacións (20,1%), das cooperativas (18,0%) e das Sociedades Agrarias de Transformación (14,6%). Con todo, en termos de emprego, as asociacións e fundacións aglutinarían máis dun terzo do total (35,5%), seguidas das cooperativas (20,2%) e das confrarías de pescadores (17,5%). Ler máis

Estudo "Impacto Socioeconómico dos Principios e Valores da Economía Social Galega"
neste enlace





Ecosistemas. Intercooperación:
estratexia de fortalecemento, crecemento e consolidación


Inicio 23 de Maio | Formación online, incluída no Programa Especializado de Formación Xerencial de EspazoCoop, celébrase do 23 de Maio ao 30 de Xuño de 2022, e será impartida por ECOS Grup Cooperatiu dende Cataluña.
A través das sesións de aprendizaxe achegarán os aspectos e as condicións da intercooperación, recursos e experiencias. Abordarán as ferramentas para formalizar a intercooperación, tamén analizarán a viabilidade de proxectos de intercooperación. Plantexarán a necesidade de construír e coidar a relación, falarán de gobernanza sostible, a toma de decisións e a comunicación interna. A través desta formación coñeceremos as claves do éxito e do fracaso da intercooperación, e xa nas últimas sesións traballaranse procesos de intercooperación específicos. Para inscribirse prema no enlace.
Ler máis




En Xuño continúa a formación
[Actividades formativas gratuítas de EspazoCoop, no marco da Rede Eusumo - Xuño 2022 ]

Abertos os procesos de inscrición das 4 actividades formativas gratuítas do mes de Xuño, realizadas no marco da Rede Eusumo. Ler máis

  • 7 Xuño – 10 Xuño 2022 | Lánzate a emprender en cooperativa | 20 h. | En Porto do Son
  • 7 Xuño – 23 Xuño 2022 | Contabilidade cooperativa nivel pro | 20 h. | Tele-formación
  • 14 Xuño – 30 Xuño 2022 | Ideas cooperativas en acción | 20 h. | Tele-formación
  • 14 Xuño – 30 Xuño 2022 | E se traballamos en equipo? | 20 h. | Tele-formación




Campaña de Cru Producións en Goteo

Cru Producións s. coop. galega ten aberta unha Campaña de mecenazgo en Goteo. A produtora audiovisual prentenden captar financiamento que lles permita "narrar historias do invisíbel" mediante propostas transfeministas. Para colaborar e cofinanciar este proxecto aínda estades a tempo. Ler máis




[Oferta de Contratación] Servizo de deseño e desenvolvemento da actividade "Roteiro Cooperativo"

EspazoCoop lanza unha oferta para a contratación dun servizo de deseño e desenvolvemento do ‘Roteiro Cooperativo’ na cidade de Santiago de Compostela. Destinada ás cooperativas socias que realicen este tipo de servizos e que poderán candidatarse e presentar unha proposta ata o 16 de maio de 2022 ás 14 horas. Ler máis




Axudas 

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas.  As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste enlaceAxudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).  


 



Licitacións 

Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).


 




Asóciate! 

Se es unha cooperativa galega e queres valorar facerte socia da Unión de Cooperativas EspazoCoop, ponte en contacto con nós, entaremos encantadas-os de responder as túas dúbidas e explicarte as vantaxes de pertencer á maior rede de cooperativas de Galicia. Ler máis

 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Travesía de San José 10, Ent.A. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104, baixo, esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Taboada Leal 15, entreplanta. 36203|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO