Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera

 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZO COOP
 
[ 8 de Xullo de 2022 ]
 


 

Roteiro Cooperativo, unha maneira diferente de achegarse á economía social

Trátase dunha actividade organizada polo Concello de Santiago de Compostela e Espazocoop. Onte foi presentada esta iniciativa, coa participación de Xosé Antonio Sánchez Bugallo, Alcalde de Santiago de Compostela, e Ana Olveira, Presidenta de EspazoCoop.
O Roteiro Cooperativo trátase dunha ruta guiada na que as persoas participantes poderán coñecer de preto catro cooperativas da cidade de sectores moi diferentes, precisamente nun ano que coincide coa designación de Santiago de Compostela como capital española da economía social. Ler máis




2 de xullo: a celebración das cooperativas

Coincidindo co Día Internacional das Cooperativas o día 2 de xullo celebrouse o Día do Cooperativismo Galego baixo o lema “As cooperativas constrúen un mundo mellor”, escollido pola Alianza Cooperativa Internacional (ACI) e a Organización das Nacións Unidas.
C
elebramos o Día en Santiago de Compostela e contamos cunha gran representación de EspazoCoop, tanto das súas cooperativas socias como do Consello Rector. Vernos de forma física e celebrar un ano máis este día despois da pandemia é motivo de ledicia, e máis cando o modelo cooperativo ten unha maior presenza na sociedade e na economía. Ler máis




Programa Muller 22: incentivos á contratación

Publicouse a convocatoria do novo programa Muller 22 co obxectivo de promover incentivos de 6.000 euros para a contratación inicial de mulleres desempregadas que presentan desvantaxes e dificultades para acceder ou permanecer no mercado de traballo. Deberán ser mulleres desempregadas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia no momento da súa contratación. As beneficiarias destas axudas son as persoas traballadoras autónomas, empresas, e entidades de economía social. Prazo: 30 de setembro 2022. Ler máis




Xornada: Tecendo Redes
[ Online, Mércores 20 de xullo, en colaboración co Concello de Santiago de Compostela ] 

A xornada online Tecendo Redes para o Emprendemento na Economía Social é unha acción do programa de colaboración "Impulso dun ecosistema emprendedor na economía social" que EspazoCoop realiza co Concello de Santiago de Compostela durante 2022.
Tecendo Redes está dirixida a persoas que realizan labores de recomendación, orientación e asesoramento ao emprendemento da área de Santiago. Acceso libre previa inscrición. 
Ler máis




Xornada: Fomento do Emprendemento en Cooperativa
[Online, Mércores 27 de xullo, en colaboración coa Deputación da Coruña]

A Xornada Online Fomento do Emprendemento en Cooperativa é unha actividade realizada en colaboración coa Deputación da Coruña, no marco da colaboración que mantén con EspazoCoop para o ano 2022. Ten por obxeto divulgar as potencialidades do cooperativismo para a posta en marcha de actividades empresariais e creación de emprego, detectar necesidades que favorezan o emprendemento en cooperativa, e dar a coñecer boas prácticas de cooperativas, especificamente no Sector de Coidados. Acceso libre previa inscrición.
 Ler máis




Vídeo da Asemblea 2022 de EspazoCoop 

Do encontro anual das cooperativas socias deixamos un pequeno vídeo que mostra a familia cooperativa EspazoCoop. A Asemblea é o noso espazo natural de participación, de debate, de proposición, e de toma de decisións comúns. Ler máis



 


Oferta de traballo de Cerne S. Coop. Galega

A nosa socia, a asesoría Cerne, lanza unha oferta de emprego para cubrir un posto de traballo na área da Contabilidade e Fiscalidade. Busca unha persoa con Licenciatura en ADE para Departamento Fiscal e Contable. Lugar de Traballo: Tomiño. Prazo de candidaturas: 20 de xullo 2022. Ler máis



 


Vídeos de Trece Graos e Aventeira, as socias galardoadas nos Premios á Cooperación 2022
Xa dispoñibles os vídeos de Trece Graos e Aventeira, as socias que foron galardoadas cos Premios á Cooperación 2022 o Día do Cooperativismo Galego.
Trece Graos s. coop. galega, Premio ao Mellor Proxecto Cooperativo Novo,  e Aventeira s. coop. galega, Premio aos Valores Cooperativos . Moitas felicidades!
- Vídeo, Aventeira s. coop. galega
- Vídeo, Trece Graos s. coop. galega 


 


Asóciate! A Unión fai a forza

A Campaña Asóciate! promociona a Unión nas redes sociais co obxetivo de estimular entre as cooperativas galegas o interese por asociarse a EspazoCoop, por integrarse na asociación de cooperativas máis grande de Galicia en canto a número de socias, que actualmente conta cunha rede de 235 empresas cooperativas.

Asóciate! A Unión fai a forza quere contribuír a incrementar o nivel de afiliación das cooperativas galegas, e en todo caso aumentar a visibilidade e o coñecemento sobre o labor e a función da Unión no cooperativismo da comunidade. Ler máis


 


Cursos en liña en Xullo
[Actividades formativas gratuítas de EspazoCoop, no marco da Rede Eusumo ]

Abertos os procesos de inscrición para as dúas actividades de Teleformación gratuítas programadas para o mes de Xullo, realizadas no marco da Rede Eusumo. Ler máis

  • 12 Xullo – 29 Xullo 2022 | Formación para cadros directivos de cooperativas | 20 h.
  • 13 Xullo – 27 Xullo 2022 | Ideas cooperativas en acción | 20 h.




Axudas 

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas.  As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste enlaceAxudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).  


 




Licitacións 

Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).



 



 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Travesía de San José 10, Ent.A. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104, baixo, esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Taboada Leal 15, entreplanta. 36203|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO