Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera

 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZO COOP
 
[ 17 de Xuño de 2022 ]
 


 

Preto de medio centenar de cooperativas participaron na Asemblea anual de EspazoCoop

O pasado 6 de Xuño a Unión de Cooperativas celebrou a súa Asemblea anual, destacando que: 

  • EspazoCoop medra nos últímos 3 anos en máis dun 50% no número de socias.
  • Do total de cooperativas creadas en Galicia o ano pasado, preto dun 20% decidiu formar parte de EspazoCoop.

No encontro anual das socias da Unión de Cooperativas EspazoCoop, entidade de referencia do cooperativismo en Galicia, participaron representantes de preto de medio centenar de cooperativas da comunidade. Ler máis




Encontro sector Tic
[ Dentro do Programa Itinerario de Intercooperación 2022 ]

Xoves 23 de XuñoEspazoCoop desenvolve un programa para “Exerce-la Intercooperación” que busca impulsar procesos de colaboración e promocionar a práctica deste Principio cooperativo fundamental, que distingue especialmente a economía cooperativa e a cultura empresarial que poden exercer as cooperativas, sumando valor, diferenciándose así doutras formas de economía máis competitivas e excluíntes. O programa intervén en cinco sectores: Ensino, Cultura, Consumo, Asesorías-Consultoras, e Tic.

A próxima actividade prevista será o xoves 23 de Xuño para empresas cooperativas e da economía social do ámbito TIC, A partir das 9.30 h. en liña, previa inscrición.
Ler máis




EspazoCoop participa na 1ª Feira do Mercado Social de Ribadeo

Este sábado 18 de xuño terá lugar a 1ª Feira do Mercado social do Concello de Ribadeo que contará coa participación de 28 organizacións e empresas da ESS (economía social e solidaria galega). Neste contexto participa a Unión de Cooperativa, e 5 cooperativas socias nos stands habilitados, as socias: 13 Grados, Ribeiregas, Milhulloa, Lento e Breogainas. Entre máis entidades, como Reas Galicia, Coop57 ou Fiare. Achegamos o Catálogo da Feira para coñecer un pouco máis ás participantes dos stands, neste enlace.

Lugar: Parque de San Francisco (Ribadeo) - Horario: De 11 a 21 h.





EspazoCoop e InRed promocionan o cooperativismo coa sinatura dun Convenio de colaboración

A Unión asinou a pasada semana un convenio de colaboración con InRed (Patronal Galega de Discapacidade Intelectual e afíns), para promoción do cooperativismo, a economía social, e o fomento do emprego no ámbito da discapacidade, mediante a colaboración mutua a través de actividades de información, asesoramento, formación e charlas, encamiñadas ao impulso do autoemprego cooperativo e á visibilización do cooperativismo.

O Convenio asinouse no marco da xornada 'Emprendemento Cooperativo no ámbito da Discapacidade' na que unha Técnica de EspazoCoop, Teresa Balado, interviu cunha charla divulgativa sobre cooperativas. Ler máis



 


Campaña: Asóciate! A Unión fai a forza

A Campaña Asóciate! promociona a Unión nas redes sociais co obxetivo de estimular entre as cooperativas galegas o interese por asociarse a EspazoCoop, por integrarse na asociación de cooperativas máis grande de Galicia en canto a número de socias, que actualmente conta cunha rede de 235 empresas cooperativas.

A campaña Asóciate! A Unión fai a forza quere contribuír a incrementar o nivel de afiliación das cooperativas galegas, e en todo caso aumentar a visibilidade e o coñecemento sobre o labor e a función da Unión no cooperativismo da comunidade. Ler máis


 


Cursos en liña en Xullo
[Actividades formativas gratuítas de EspazoCoop, no marco da Rede Eusumo ]

Abertos os procesos de inscrición para as dúas actividades de Teleformación gratuítas programadas para o mes de Xullo, realizadas no marco da Rede Eusumo. Ler máis

  • 12 Xullo – 29 Xullo 2022 | Formación para cadros directivos de cooperativas | 20 h.
  • 13 Xullo – 27 Xullo 2022 | Ideas cooperativas en acción | 20 h.




Axudas 

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas.  As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste enlaceAxudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).  


 




Licitacións 

Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).



 



 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Travesía de San José 10, Ent.A. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104, baixo, esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Taboada Leal 15, entreplanta. 36203|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO