Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera

 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZO COOP
 
[ 8 de Abril de 2022 ]
 



Catálogo 2022
[Actividades e servizos de EspazoCoop]

Presentamos o Catálogo de actividades e servizos da Unión programados para este ano. A actividade de EspazoCoop ten o obxetivo de mellorar a visibilidade e o impacto que ten o cooperativismo na sociedade, apoiar e acompañar ás cooperativas socias na súa consolidación e evolución, prestar soporte na creación de novas cooperativas, e promover e difundir o cooperativismo entre a sociedade.

O Catálogo é un documento vivo e aberto, que será actualizado cada trimestre coas novidades que podamos ter nos nosos programas e na actividade e estará a dispor na web de EspazoCoop. Ler máis



#SaímosCooperando, 3ª edición
[Mentoring para empresas cooperativas]

Un programa de apoio e acompañamento a cooperativas para minorar os impactos das crises e impulsar melloras na empresa beneficiaria. A Unión de Cooperativas EspazoCoop aínda ten aberta a convocatoria para solicitar o Programa #SaímosCooperando, destinado a cooperativas socias prioritariamente, e a outras cooperativas.
>> Anímate, infórmate e consúltanos as dúbidas! Prazo de solicitudes: 13 Abril 2022. Ler máis




CRU Producións busca socia

CRU Producións s. coop. galega lanza unha oferta de emprego en réxime cooperativo. CRU é unha cooperativa de traballo ubicada en Vigo que opera no sector audiovisual e está iniciando a busca dunha persoa socia para a área de administración. Ler máis

 

 

Plataformas cooperativas xa!
[Curso online]

Inicio 25 de Abril | EspazoCoop é entidade colaboradora da 4ª edición do curso online de emprendemento en equipo que fomenta o desenvolvemento de novas plataformas cooperativas dixitais e a creación dunha comunidade global. Transformación dixital para servir á humanidade, Plataformas Cooperativas Dixitais, unha alternativa para facelo posible.

O curso está promovido pola Universidade de Mondragon – Mondragon Team Academy co Instituto para a Economía Dixital Cooperativa de The New School (Nova York).  Como socias de proxecto estamos ademais de EspazoCoop, Florida Universitaria, Escola Andaluza de Economía Social e Tazebaez, a través dun consorcio apoiado por CEPES (a Confederación empresarial española da economía social).

Inicio do curso 25 de Abril | Inscrición aberta. Ler máis




Comunicación Dixital Integral para a economía social

Inicio 2 de Maio | Comunicación Dixital Integral é un módulo formativo online, incluído no Programa Especializado de Formación Xerencial de EspazoCoop, celébrase do 2 ao 25 de Maio de 2022 | Impartido por O Cable Inglés s. coop. galega. A través das sesións de aprendizaxe achegarán unha parte teórica e unha práctica na que se aplicará a teoría aos proxectos das participantes, ademais de coñecer casos prácticos de éxito, dentro e fóra do ámbito da economía social. Ler máis



 

Axudas 

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas.  As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste enlaceAxudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).


 


Licitacións 

Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).


 




Asóciate! 

Se es unha cooperativa galega e queres valorar facerte socia da Unión de Cooperativas EspazoCoop, ponte en contacto con nós, entaremos encantadas-os de responder as túas dúbidas e explicarte as vantaxes de pertencer á maior rede de cooperativas de Galicia. Ler máis

 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Travesía de San José 10, Ent.A. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104, baixo, esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Taboada Leal 15, entreplanta. 36203|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO