Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera

 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZO COOP
 
[ 27 de Maio de 2022 ]
 


 

Encontro sector Cultura
[Programa: Itinerario de Intercooperación]

EspazoCoop desenvolve un programa para “Exerce-la Intercooperación” que busca impulsar procesos de colaboración, e promocionar e estimular a práctica deste Principio cooperativo fundamental que distingue especialmente a economía cooperativa e a cultura empresarial que poden exercer as cooperativas, sumando valor, diferenciándose así doutras formas de economía máis competitivas e excluíntes. O programa intervén en cinco sectores: Ensino, Cultura, Consumo, Asesorías-Consultoras, e Tic.

Próxima actividade en liña o martes 31 de Maio, co 'Encontro do sector Cultura' a partir das 9.30 h. previa inscrición. 
Ler máis




Asemblea Xeral da Unión de Cooperativas EspazoCoop 
[ Luns 6 de Xuño - Santiago de Compostela ]

EspazoCoop celebra o encontro anual das cooperativas. A Unión convoca a Asemblea xeral 2022, que se celebra o luns 6 de Xuño en Santiago de Compostela, ás 12 h. en primeira convocatoria e ás 12.30 h. en segunda. 
Como cada Asemblea, repaso da "Xestión Social 2021", aprobación das contas e distribución dos resultados económicos. Tamén, o "Plan de Xestión 2022" e as cotas asociativas deste ano serán presentadas para debate e aprobación. Ademais, a orde do día prevé a presentación da Proposta de "Protocolos de Transparencia e Bo Goberno" en EspazoCoop. 

Por último, ás 14.30 h. compartiremos un xantar de petiscos para confraternizar. Vas a perdelo? Consulta a orde do día, a documentación, e inscríbete. Ler máis




En Xuño continúa a formación
[Actividades formativas gratuítas de EspazoCoop, no marco da Rede Eusumo - Xuño 2022 ]

Abertos os procesos de inscrición das 4 actividades formativas gratuítas do mes de Xuño, realizadas no marco da Rede Eusumo. Ler máis

  • 7 Xuño – 10 Xuño 2022 | Lánzate a emprender en cooperativa | 20 h. | En Porto do Son
  • 7 Xuño – 23 Xuño 2022 | Contabilidade cooperativa nivel pro | 20 h. | Tele-formación
  • 14 Xuño – 30 Xuño 2022 | Ideas cooperativas en acción | 20 h. | Tele-formación
  • 14 Xuño – 30 Xuño 2022 | E se traballamos en equipo? | 20 h. | Tele-formación




Axudas 

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas.  As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste enlaceAxudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).  


 



Licitacións 

Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).



 



 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Travesía de San José 10, Ent.A. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104, baixo, esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Taboada Leal 15, entreplanta. 36203|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO