Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera

 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZO COOP
 
[ 03 de Xuño de 2022 ]
 


 

Asemblea 2022 da Unión de Cooperativas EspazoCoop 
[ Luns 6 de Xuño - 12.30 h. Santiago de Compostela ]

EspazoCoop celebra o encontro anual das cooperativas. A Unión convoca a Asemblea xeral 2022, que se celebra o luns 6 de Xuño en Santiago de Compostela, ás 12 h. en primeira convocatoria e ás 12.30 h. en segunda.
Como cada Asemblea, repaso da "Xestión Social 2021", aprobación das contas e distribución dos resultados económicos. Tamén, o "Plan de Xestión 2022" e as Cotas asociativas deste ano serán presentadas para debate e aprobación. Ademais, a orde do día prevé a presentación da Proposta de "Protocolos de Transparencia e Bo Goberno" en EspazoCoop. 

Por último, ás 14.30 h. compartiremos un xantar de petiscos para confraternizar. Vas a perdelo? Consulta a orde do día, a documentación, e inscríbete. Ler máis




Encontro de Cooperativas: 'Ferramentas Comerciais'
[ Sesión online, no marco do programa #SaímosCooperando ]

Xoves 16 de XuñoOs Encontros son unha actividade aberta a tódalas cooperativas galegas que se realiza no marco de #SaímosCooperando, un programa de acompañamento para empresas cooperativas. As reunións de traballo son en formato virtual, de curta duración, para facilitar a asistencia das cooperativistas. O próximo encontro será o xoves 16 de Xuño, en horario de 9.30 a 11.30, baixo o título: “FERRAMENTAS COMERCIAIS”. Asistencia libre previa inscrición. Ler máis




Novas cooperativas socias!

Presentamos ás 7 últimas cooperativas asociadas a EspazoCoop, deixamos a súa referencia para coñecelas e que podan ser tidas en conta á hora de practicar un consumo ou comercio cooperativo, intercooperar, como aliadas á hora de realizar traballos en común, ou para facer redes no sector cooperativo. Son Fit Sport (Vigo), Das Aradas (Guitiriz), Kracia (Boiro), 50 Pés Consultora (Ponteceso), Agalterra (Ourense), Invekia (Gondomar), e Idearia (Vigo). Ler máis




En Xuño continúa a formación
[Actividades formativas gratuítas de EspazoCoop, no marco da Rede Eusumo - Xuño 2022 ]

Abertos os procesos de inscrición das 4 actividades formativas gratuítas do mes de Xuño, realizadas no marco da Rede Eusumo. Ler máis

  • 7 Xuño – 10 Xuño 2022 | Lánzate a emprender en cooperativa | 20 h. | En Porto do Son
  • 7 Xuño – 23 Xuño 2022 | Contabilidade cooperativa nivel pro | 20 h. | Tele-formación
  • 14 Xuño – 30 Xuño 2022 | Ideas cooperativas en acción | 20 h. | Tele-formación
  • 14 Xuño – 30 Xuño 2022 | E se traballamos en equipo? | 20 h. | Tele-formación




Axudas 

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas.  As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste enlaceAxudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).  


 



Licitacións 

Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).



 



 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Travesía de San José 10, Ent.A. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104, baixo, esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Taboada Leal 15, entreplanta. 36203|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO