Día do Cooperativismo Galego
[ Sábado 2 de xullo ás 12 horas – Parque da Música – Santiago de Compostela ]
A celebración do Día do Cooperativismo Galego organizado pola Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade, será o sábado 2 de xullo coincidindo coa celebración en todo o mundo da 100 edición do Día Internacional das Cooperativas. Con tal motivo a Consellería envía un Convite para asistir á gala extensible a tódalas cooperativas socias da Unión de Cooperativas.
Ler máis
EspazoCoop participa no Encontro Mundial de Cooperativismo
A Confederación Española de Cooperativas de Traballo Asociado (COCETA) organizou entre os días 19 e 22 de xuño o Encontro Mundial do Cooperativismo en Sevilla baixo o lema “Cooperativas: o momento é agora”, ao que acudiron máis de 700 persoas chegadas de todo o mundo e no que participou unha delegación da Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop de xeito activo. Ler máis
Bono Consolida Economía Social 2022
Publicada a convocatoria das subvencións para o apoio á consolidación das entidades da economía social de Galicia Bono consolida economía social para a anualidade 2022. Poden ser beneficiarias desta convocatoria as sociedades cooperativas, sociedades laborais, empresas de inserción e centros especiais de emprego. Non poderán ser beneficiarias destas subvencións as entidades beneficiarias na anterior convocatoria 2021. Ler máis
EspazoCoop apoia a Aces Galicia na protesta polos recortes no ensino concertado
Esta semana tivo lugar unha concentración diante da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades ante os peches de aulas no ensino concertado, que afectan ás cooperativas de ensino da Unión de Cooperativas EspazoCoop. Ao remate da concentración leuse o manifesto “Por unha educación de calidade”. A protesta é consecuencia do peche de diferentes unidades en centros escolares galegos anunciado por parte da Consellería. Ler máis
O Concello da Coruña e EspazoCoop convenian a execución do programa `Economía Social A Coruña 2022´
A Unión de Cooperativas EspazoCoop e o Concello da Coruña colaboran, un ano máis, para realizar un programa sobre ‘Emprendemento Empresarial na Economía Social’ durante 2022. Esta colaboración ofrece actividades e servizos de apoio ao cooperativismo á cidadanía da Coruña.
Ambas entidades impulsan un programa con 4 liñas de acción que permiten dotar de servizos e actividades de Tele-Formación, Divulgación do Cooperativismo á cidadanía e nos Centros de Ensino, e Acompañamento Especializado para cooperativas en funcionamento da área da Coruña e para persoas que están pensando en Crear Empresas Cooperativas. Ler máis
'Ferramentas de Planificación'
[ Encontro de Cooperativas | Sesión online, no marco do programa #SaímosCooperando ]
Venres 8 de Xullo | Os Encontros son unha actividade aberta a tódalas cooperativas galegas que se realiza no marco de #SaímosCooperando, un programa de acompañamento para empresas cooperativas. As reunións de traballo son en formato virtual, de curta duración, para facilitar a asistencia das cooperativistas. O próximo encontro será o venres 8 de Xullo, en horario de 9.30 a 11.30, baixo o título: “Ferramentas de Planificación". Asistencia libre previa inscrición. Ler máis
Programa ES-Transforma en Cooperativas 2022
Publicada a convocatoria do programa ES-Transforma en cooperativas ou sociedades laborais para a anualidade 2022. A finalidade é apoiar a transformación en cooperativas ou sociedades laborais dos negocios sen relevo xeracional, de todo tipo de sociedades e das persoas traballadoras autónomas, que xa estiveran a exercer unha actividade económica. A convocatoria diríxese a sociedades laborais ou cooperativas que xurdan dun dos seguintes procesos:
- Constitución por ausencia de remuda xeracional.
- Constitución por persoas autónomas.
- Constitución por transformación de todo tipo de sociedades. Ler máis.
Campaña: Asóciate! A Unión fai a forza
A Campaña Asóciate! promociona a Unión nas redes sociais co obxetivo de estimular entre as cooperativas galegas o interese por asociarse a EspazoCoop, por integrarse na asociación de cooperativas máis grande de Galicia en canto a número de socias, que actualmente conta cunha rede de 235 empresas cooperativas.
A campaña Asóciate! A Unión fai a forza quere contribuír a incrementar o nivel de afiliación das cooperativas galegas, e en todo caso aumentar a visibilidade e o coñecemento sobre o labor e a función da Unión no cooperativismo da comunidade. Ler máis
Cursos en liña en Xullo
[Actividades formativas gratuítas de EspazoCoop, no marco da Rede Eusumo ]
Abertos os procesos de inscrición para as dúas actividades de Teleformación gratuítas programadas para o mes de Xullo, realizadas no marco da Rede Eusumo. Ler máis
- 12 Xullo – 29 Xullo 2022 | Formación para cadros directivos de cooperativas | 20 h.
- 13 Xullo – 27 Xullo 2022 | Ideas cooperativas en acción | 20 h.
Axudas
Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas. As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste enlace: Axudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).
Licitacións
Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).