Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera

 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZO COOP
 
[ 4 de Marzo de 2022 ]
 



Acto "Mulleres na Economía Social"

A Consellería de Emprego e Igualdade organiza o acto Mulleres na economía social o próximo luns 7 de marzo ás 11:00 horas en Santiago de Compostela. Participarán mulleres ligadas á economía cooperativa e á economía social galega, e mulleres que son representantes de organizacións do sector, como a presidenta da Unión de Cooperativas EspazoCoop, Ana Olveira, da Asociación Galega de Cooperativas Agro-alimentarias, Carmen Rodríguez e da Asociación de Empresas de Inserción de Galicia, Isabel Fraga.
No acto presentarase a 4ª edición da campaña de comunicación "Mulleres na economía social 2022".
Asistencia previa inscrición. Ler máis




Ferramentas de financiamento ético e alternativo

Inicio o 9 de Marzo de 2022 | Tele-formación gratuíta sobre Finanzas éticas e as ferramentas que existen neste campo para operar e acceder a financiamento alternativo. Realízase a través da Aula Virtual de EspazoCoop e ten unha duración de 40 horasLer máis




Día Internacional da Muller
#8MCoop

Na nosa liña de defensa e promoción da Igualdade de Xénero e do apoderamento da muller, polos Principios e Valores Cooperativos, sumámonos á campaña da Confederación de Cooperativas Coceta na que estamos asociada, e que preparou, a través do Grupo de Traballo Confederal de Comunicación no que participamos un paquete de imaxes para redes sociais:

8 M COOP >> Dereitos. Traballo de calidade. Igualdade >> Somos Cooperativas.
Deixamos as mesmas a dispor das cooperativas socias para utilizadas a partir do venres 4 de Marzo ás 12 horas, manténdoas cando menos durante a Semana do 8 M.

Asemade, nas publicacións que se realicen, incluir o cancelo #8MCoop. Ler máis



'Creando Mellora' // 10ª edición
Dá nas teclas que importan: análise, planificación e xestión participada

EspazoCoop continúa co prazo aberto para que as cooperativas soliciten a súa participación en Creando Mellora, un programa de Bolsas para realizar procesos de mellora en cooperativas que brinda soporte para consolidarse.

Se es unha cooperativa que quere mellorar e impulsar a área da xerencia, este programa pode interesarte. O recurso permitirá contar cunha persoa titulada con formación empresarial, durante 5 meses, para realizar un Plan de Mellora e  funcións xerenciais na vosa empresa.
Prazo: venres 11 de Marzo 2022. Ler máis.




Transformación Dixital.
Unha proposta práctica para acceder a fondos de financiamento


Un Módulo formativo incluído no Programa Especializado de Formación Xerencial de EspazoCoop en modalidade de tele-formación que consta de varias sesións virtuais de aprendizaxe. Será impartido por Almeiro S. Coop. Galega, do 23 de Marzo ao 7 de Abril.

O programa desta formación artellarase sobre exercicios prácticos de auto-avaliación, acompañada por especialistas, das necesidades e oportunidades de dixitalización de cada cooperativa. En cada paso, iranse definindo cales podería abordar a cooperativa grazas á dixitalización, e así establecer unha memoria técnica ou folla de ruta, que a cooperativa poida empregar para aplicar en potenciais convocatorias públicas. Ler máis
 

  



 

Asóciate! 

Se es unha cooperativa galega e queres valorar facerte socia da Unión de Cooperativas EspazoCoop, ponte en contacto con nós, entaremos encantadas-os de responder as túas dúbidas e explicarte as vantaxes de pertencer á maior rede de cooperativas de Galicia. Ler máis


 




Axudas 

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas.  As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste enlaceAxudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).


 


Licitacións 

Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).

 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Travesía de San José 10, Ent.A. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104, baixo, esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Taboada Leal 15, entreplanta. 36203|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO