«Bolsas Talento Cooperativo» : Fai prácticas remuneradas nunha cooperativa galega
ÚLTIMOS DÍAS! | A convocatoria do Programa Talento Cooperativo 2025 está nos seus últimos días para solicitar bolsas de prácticas en cooperativas. A convocatoria de EspazoCoop, que aínda está aberta ata o 31 de agosto, busca seleccionar 4 persoas mozas con estudos empresariais para adxudicar as bolsas coas que se prestará apoio na xerencia e se adquirirán competencias e experiencia. As mesmas contan cunha axuda mensual de 700 € e se ubican nas localidades de Allariz, As Neves, A Pobra do Caramiñal e Vigo.
Prazo de solicitude: 31 de agosto de 2025.
Saber máis

Xornada «Consolida+: Cooperativas máis fortes»
A Unión de Cooperativas EspazoCoop desenvolveu o programa Consolida+ Consolidando ás cooperativas na súa edición 2024-2025 que prestou servizos de asesoramento e acompañamento a cooperativas en funcionamento, en distintos ámbitos e áreas que inciden na mellora e consolidación empresarial das cooperativas usuarias. O programa conta co apoio da Rede Eusumo-Xunta de Galicia.
Para pechar esta edición, o vindeiro martes 16 de setembro ás 10 horas, en Vigo, terá lugar a Xornada do Programa Consolida+ edición 2024-2025, na sede da cooperativa A Morada.
Na sesión presentaranse o servizo Consolida+ e os resultados desta edición, daranse a coñecer boas prácticas de cooperativas consolidadas, informarase sobre liñas de apoio e axudas á consolidación, e se facilitará a xeración de redes para a colaboración e intercooperación entre as cooperativas e o resto de público participante.
Saber máis

Feira ESDOMAR: participa! inscricións ata o 4 de setembro
EspazoCoop colabora con Fundamar na Feira ESDOMAR xunto á Confraría de Pescadores de Vigo para realizar un ano máis un espazo de promoción da actividade de entidades da economía social vinculadas ao mar. Será o vindeiro 4 de outubro de 2025 na Lonxa de Canido en Vigo, trátase dunha iniciativa realizada co apoio da Rede Eusumo da Xunta de Galicia.
Se es unha cooperativa vinculada ao sector do mar tes ata o 4 de setembro para inscribirte, a Feira conta con distintas opcións para participar: postos, exposicións, faladoiros ou tecer redes.
Saber máis
Xornada «Talento Cooperativo» : Fortalecemento de empresas de economía social
EspazoCoop celebrará o vindeiro 18 de setembro en Santiago a xornada Talento Cooperativo en sesión de tarde nas instacións de Cersia Empresa.
No encontro informarase sobre o Programa Talento Cooperativo que busca mellorar as áreas de xestión das empresas de economía social galegas a través da concesión de bolsas xerenciais a persoas mozas con estudos empresariais e ás empresas do sector cooperativo.
Asistencia libre previa inscrición.
Saber máis

Auditoría Social 2024: mide os teus impactos, fortalece a túa coherencia
REAS Galicia mantén aberta a campaña de Auditoría Social que permite realizar unha análise da empresa e recoller información para que cada entidade mida e avalie o seu compromiso e desempeño en relación aos principios de equidade, democracia interna, compromiso coa contorna, ausencia de ánimo de lucro, reparto xusto da riqueza e cooperación.
Dende a Unión de Cooperativas EspazoCoop animamos ás cooperativas a realizar a súa auditoría, que é un convite a deterse, mirarse por dentro e coidar colectivamente as nosas prácticas como entidades de Economía Social e Solidaria (ESS). Un exercicio de autocoidado, reflexión, coherencia interna, transparencia e fortalecemento do sector.
“En REAS Galicia contamos cunha ferramenta clave para que entidades de Economía Social e Solidaria poidan levar a cabo un proceso de reflexión e mellora continua fortalecendo a sua coherencia interna, así como unha rendición de contas transparente e democrática”. Sinalan dende REAS.
Saber máis

Xornada «Accede a contratos públicos »
Estratexias para cooperativas e empresas de economía social nas contratacións públicas das Administracións.
EspazoCoop impulsa a xornada «Accede a contratos públicos » que se celebrará o martes 16 de setembro de 2025 en Vigo, nas instacións de A Morada S. Coop. Galega a partir das 15.30 h.
É unha iniciativa realizada dentro da programación da Rede Eusumo, que busca promocionar a chamada Contratación Pública Responsable, e divulgar estratexias e claves que axuden ás cooperativas e empresas de economía social nos procesos de contratacións públicas das Administracións, e no acceso ás licitacións.
Saber máis
