Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera
 







 
 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZOCOOP
 
[ 03 de xaneiro de 2025 ]
 



O 2024 acaba de finalizar, así que queremos recordar e compartir o devir da Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop:
 

Durante todo o ano ofrecimos apoio na creación de novas cooperativas e na consolidación das existentes, celebramos actividades formativas e de intercooperación, fomentamos o cooperativismo con numerosas iniciativas, e dende o consello reitor, o traballo político de representación imprescindible para os intereses do noso sector, continuou avanzando intensamente, con relacións e encontros cos distintos axentes e institucións para acadar que as cooperativas sexan tidas en conta e valoradas como un modelo económico de interese para a sociedade e a cidadanía.

Programas como Consolida+, EspazoCoop Emprende, ES-Mentoring, +Coop, Roteiros Cooperativos, Itinerarios Formativos de Emprendemento, ES-Factory, EC4Rural, Xornadas institucionais, ou o Bono Consolida, entre outros máis, fixeron camiño e deixan impacto e resultaron útiles á cidadanía e as nosas cooperativas.

Moitos destes proxectos continuarán este 2025, nun ano que virá marcado por ser o Ano Internacional das Cooperativas, declarado pola ONU, baixo o lema "As cooperativas constrúen un mundo mellor" (saber máis).

Atentas e atentos! este é o noso ano.

En 2025 queremos seguir este camiño, contacta con nós para solicitar apoio ou os nosos servizos.

Xornada "As cooperativas empresas sostibles" - Novembro 2024
(en colaboración co Concello da Coruña)


Ah! e lembra, seguimos coa nosa campaña Somos Coop, somos TOP!
Séguea nas redes de EspazoCoop.

Agardamos polas vosas imaxes nas cooperativas
(saber máis)

 



 

Axudas

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas. As asociadas podedes consultar as diversas referencias de axudas e acceder ás súas bases neste enlace: Axudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).


 


 
 
Licitacións

Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).
 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Praza do Papagaio s/n (Accede Papagaio). 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|República do Salvador 3, 2º D. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Marqués de Valladares 14, 2º. Oficinas 4-5. 36201|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO