Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera



 

 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZO COOP
 
[ 10 de Marzo de 2023 ]
 


 

O modelo económico galego que cumpre coa paridade: o cooperativismo

A Unión de Cooperativas de Galicia, EspazoCoop, salienta o papel das mulleres no cooperativisimo galego con cifras que avalan a súa importancia e reflicten a realidade deste modelo económico paritario, que ademais facilita a conciliación porque se sutenta na corresponsabilidade empresarial. Ler máis



 


8 de marzo, a importancia da muller na economía social no rural

O rural sen as mulleres non existiría, a importancia das mesmas é fundamental mais tradicionalmente o recoñecemento ao seu labor non foi o correspondente. Esta situación está mudando nos últimos anos grazas á economía social e o cooperativismo, xa que un dos nosos principios é a igualdade.
Neste 8 de marzo, Cooperativas Lácteas Unidas CLUN e Mulleres de Seu organizaron en Melide a xornada “Mulleres rurais: raíces, presente e futuro da nosa terra”, na que reuniron a unha gran representación de cooperativas, entidades da economía social e organizacións do Foro polo Economía Social Galega, entre as que estivo EspazoCoop da man da súa Presidenta, Ana Olveira. Ler máis
 




Sesión informativa, 13 de marzo | Curso online "Plataformas Cooperativas Xa!"

A 6ª edición do curso online "PLATAFORMAS COOPERATIVAS XA!" promove a economía dixital cooperativa, inicia o 27 de marzo de 2023 e a inscrición está aberta. Para informar ás persoas interesadas ou que estén pensando en realizalo, organízase unha sesión informativa o 13 de marzo de 18 a 19 h. "Plataformas Cooperativas Xa!" é unha formación especializada sobre emprendemento en equipo que fomenta o desenvolvemento de novas plataformas dixitais cooperativas e a creación dunha comunidade global.

O curso está promovido pola Universidade de Mondragon – Mondragon Team Academy, a Unión de Cooperativas EspazoCoop é entidade colaboradora xunto a Florida Universitaria, Escola Andaluza de Economía Social e Tazebaez, a través dun consorcio apoiado por CEPES. Ler máis

 



Axudas 

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas.  As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste enlaceAxudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).  


 




Licitacións 

Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).


 




Asóciate! A Unión fai a forza

Queremos estimular entre as cooperativas galegas o interese por asociarse a EspazoCoop, por integrarse na asociación de cooperativas máis grande de Galicia en canto a número de socias, que actualmente conta cunha rede de máis de 235 empresas cooperativas.

Asóciate! A Unión fai a forza quere contribuír a incrementar o nivel de afiliación das cooperativas galegas, e en todo caso aumentar a visibilidade e o coñecemento sobre o labor e a función da Unión no cooperativismo da comunidade. Ler máis

 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Travesía de San José 10, Ent.A. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104, baixo, esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Taboada Leal 15, entreplanta. 36203|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO