Unha delegación da Sectorial de Cultura de EspazoCoop participou nos Eventos de CULTSOS
Esta semana celebráronse en Bilbao e Madrid os Eventos de CULTSOS: Cultura Social e Sostible, nos que participou unha delegación de 5 cooperativas da Sectorial de Cultura de EspazoCoop.
CULTSOS é un proxecto que busca impulsar a innovación, a competitividade e a resiliencia do sector cultural a través do fomento da Economía Social e a aliñeación cos Obxectivos do Desenvolvemento Sostible (ODS) da Axenda 2030.
Saber máis

EspazoCoop participou na Asemblea Ordinaria de COCETA celebrada en Murcia
EspazoCoop estivo presente na Asemblea Ordinaria de COCETA que se celebrou o pasado 12 de xuño en Murcia, baixo o lema “Somos cooperativas, somos transformación”. O evento tivo lugar na sede de Cajamar e reuniu a quince organizacións territoriais do cooperativismo de traballo asociado de toda España.
A asemblea desenvolveuse no marco da Capitalidade Española da Economía Social 2025 que ostenta Murcia, cun programa centrado no poder transformador das cooperativas para construír un mundo mellor.
Saber máis
A xornada "Talento Cooperativo", presentará o programa para fortalecer empresas de economía social de EspazoCoop
A Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop celebrará o xoves 19 de xuño a Xornada Talento Cooperativo, no Salón de Actos da Facultade de Comercio da Universidade de Vigo en horario de 10 a 12.30 h., a inscrición continúa aberta.
O evento tratará e informará sobre Talento Cooperativo, un programa de fortalecemento para mellorar as áreas de xestión das empresas de economía social galegas, que se artella a través da concesión de bolsas de apoio xerencial aos colectivos destinatarios do programa.
Talento Cooperativo facilitará a incorporación de persoas formadas en xestión empresarial, con coñecementos específicos sobre cooperativas e outras fórmulas da economía social para fortalecer a xestión empresarial e a función xerencial das organizacións beneficiarias dunha bolsa.
Esta iniciativa está no marco do programa de actuación 2024-2025 da Rede Eusumo (Xunta de Galicia) e do Proxecto Poctep ES_Factory (FSEplus - Cepes).
Saber máis

EspazoCoop está en campaña para subscribir avais e renovar o financiamento con Coop57
A Unión de Cooperativas EspazoCoop lanzou unha subscrición social de avais mancomunados, poñendo así en práctica un modelo de financiamento alternativo, de maior implicación social que apoia proxectos da economía social. Entre os requisitos para poder renovar o financiamento de Coop57 está a subscrición de avais mancomunados por un importe igual ao que se solicita.
Para que a campaña de avais sexa exitosa precisamos amosar que a economía social e solidaria é unha rede colaborativa e que actúa como tal, por iso pedímosvos o voso apoio para renovar a subscrición de avais e tamén para facer difusión da campaña, extendendoa a todas as vosas redes e persoas vinculadas a elas.
Saber máis

Convocatoria 2025 para cooperativas e entidades de economía social: Talento Cooperativo
A Unión de Cooperativas Galegas Espazocoop abriu a convocatoria para participar en Talento Cooperativo 2025, un programa de fortalecemento da xestión de cooperativas e entidades de economía social.
Talento Cooperativo ten como obxectivo facilitar apoio ás entidades participantes, mediante a incorporación de persoas formadas en xestión empresarial e con coñecementos específicos sobre cooperativas e outras fórmulas da economía social de cara a fortalecer as súas competencias en xestión empresarial ao tempo que se achega unha alternativa de remuda xeracional para as empresas beneficiarias.
Na convocatoria 2025 ofértanse 4 bolsas durante 6 meses.
Prazo de solicitude: ata o 30 de xuño de 2025.
Xornada informativa: o 19 de xuño en Vigo, de 10 a 12.30 h., EspazoCoop celebrará a xornada Talento Cooperativo, no salón de actos da Facultade de Comercio da Universidade de Vigo, rúa Torrecedeira 105. Abordará a traxectoria e resultados do programa ata agora, e se informará sobre a edición 2025.
Saber máis

Networking Cooperativo "Tecendo Rede"
Un ano máis, EspazoCoop desenvolverá un convenio de colaboración co Concello da Coruña para fomentar o cooperativismo e a economía social. Neste marco, o vindeiro 1 de xullo organizamos o Encontro Networking cooperativo "Tecendo Redes" cuxos obxectivos son: fomentar o coñecemento mutuo e os vínculos entre cooperativas do territorio, explorar posibles sinerxías e vías de colaboración realistas, reflexionar colectivamente sobre dúas temáticas estratéxicas de intercooperación (colaboración entre cooperativas) e a colaboración coas administracións públicas (licitacións, contratos menores, convenios, etc.).
O encontro será conducido por unha dinamizadora con ampla experiencia. A partires das 12:45 servirase un petisco para continuar co networking informal.
Saber máis

Axudas