Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera
  : 












 
 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZOCOOP
 
[ 06 de marzo de 2026 ]
                                                                         

Día Internacional da Muller
8M Coop | Traballar decidindo

EspazoCoop súmase este 8 de marzo á conmemoración do Día Internacional da Muller. Tendo presente o lema da ONU deste ano “Dereitos. Xustiza. Acción” a Unión quere transmitirlle á cidadanía que as empresas cooperativas, co seu modelo de funcionamento, asumen un compromiso coa igualdade real no mundo do traballo, na loita contra as violencias machistas e na promoción da autonomía das mulleres. Traballamos para eliminar as barreiras á igualdade, e reivindicamos máis dereitos e xustiza social para as mulleres.

A contribución do cooperativismo, na ruptura dos estereotipos de poder nas empresas, e no empoderamento das mulleres, é moi notable. Traballar decidindo é posible no cooperativismo, porque as mulleres teñen voz e teñen voto, e o cooperativismo ten mirada igualitaria.

Saber máis



A presidenta de EspazoCoop acompañou á Xunta na visita á cooperativa farmacéutica Bidafarma

Esta semana, Ana Olveira, presidenta da Unión de Cooperativas Espazocoop, estivo acompañando a visita á cooperativa de distribuición farmacéutica Bidafarma en A Coruña, que foi realizada polo conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, e o secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández.

A Xunta destacou a Bidafarma como exemplo de auxe do cooperativismo en Galicia e a súa capacidade de dinamización do territorio.

"José González fixo fincapé no peso do cooperativismo e lembrou que no 2025 por primeira vez Galicia superou as 2.000 cooperativas activas e supón unha subida ao redor do 40% en relación hai cinco anos. Ademais este sector ten un volume global de facturación superior aos 3.000 M€ anuais e emprega a unhas 78.000 persoas, entre persoas socias e traballadoras por conta allea".


Saber máis


EspazoCoop e a USC lanzan a Microcredencial Universitaria "Economía Social e Emprendemento Cooperativo en Galicia"

Queres formarte en Economía Social e Emprendemento Cooperativo en Galicia?, a USC lanza un curso de formación específica (Microcredencial Universitaria) en colaboración coa Unión de Cooperativas EspazoCoop.

Trátase da primeira Microcredencial Universitaria específica en materia de cooperativismo e economía social na nosa comunidade. 
 
O departamento organizador, Pedagoxía e Didáctica da USC, desenvolve a formación en liña do 20 de abril ao 20 de maio de 2026 para persoas de entre 25 e 64 anos, sendo un curso que conta con 2 créditos, financiado polo Plan Microcreds.

A formación ten por finalidade dar a coñecer as características fundamentais das cooperativas de traballo, os seus principios e valores, analizar o proceso de creación, comprendendo como son os modelos de funcionamento e gobernanza democrática e participativa que as identifica, e finalizar deseñando un proxecto básico de cooperativa de traballo.

O prazo para preinscribirse é ata o 31 de marzo de 2026.

Saber máis


Coñece como elaborar un Plan de Mellora na cooperativa neste webinar de Consolida+

Chegan os webinars do Programa Consolida+, un servizo gratuíto de asesoramento en procesos de consolidación e mellora das cooperativas. 

As usuarias de Consolida+ e outras cooperativas terán á súa disposición un ciclo de webinars para tratar aspectos de organización e xestión cooperativa, cos que complementarán o asesoramento e acompañamento que están recibindo de EspazoCoop.

O vindeiro xoves 12 de marzo, Consolida+ organiza a sesión virtual "Como elaborar un Plan de Mellora na Cooperativa", que será impartida pola consultura especializada en economía social Xedega S. Coop. Galega.

Inscrición | 
Saber máis 


As escolas cooperativas poden presentarse ao Certame Cooperativismo no Ensino 2026

Lembrade a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración publicou as bases reguladoras do Certame Cooperativismo no Ensino.

O DOG publicou a convocatoria correspondente ao ano 2026 do certame Cooperativismo no Ensino destinada a reforzar a divulgación dos valores cooperativos entre o alumnado dos centros educativos galegos e a poñer en valor o traballo que desenvolven as cooperativas na consolidación deste modelo empresarial.

Animamos especialmente ás cooperativas de ensino a participar nesta nova edición da convocatoria, que conta cun prazo de presentación de solicitudes ata o 30 de abril de 2026.

A medida contribúe a visibilizar o papel do cooperativismo como motor de crecemento económico sustentable, que crea emprego de calidade, integrador e asentado no territorio contribuíndo a xerar actividade e a fixar poboación no rural.

Saber máis



Axudas


Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas. As asociadas podedes consultar as diversas referencias de axudas e acceder ás súas bases neste enlace: Axudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).
 



Licitacións
 
Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).
 


 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Praza do Papagaio s/n (Accede Papagaio). 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|República do Salvador 3, 2º D. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Marqués de Valladares 14, 2º. Oficinas 4-5. 36201|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO