Agaca e EspazoCoop presentaron a 2ª edición de ES-Mentoring, que ofrece 40 mentorías gratuítas a empresas de economía social
ES-Mentoring Acompañando á Economía Social presentou a súa segunda convocatoria nun acto en Santiago o 18 de xullo. O programa diríxese a empresas da economía social que teñan unha necesidade específica ou que están nun momento de crise, proceso de cambio ou innovación e están interesadas en recibir orientación ou asesoramento por parte de persoas expertas en economía social que poidan ter pasado por situacións similares. Aspira a consolidar unha rede de persoas mentoras especializadas e ofrece mentorías a 40 entidades do sector, sen custo. Ler máis
EspazoCoop continúa coas xuntanzas dos novos gobernos municipais
Representantes da Unión reuníronse o mércores 19 de xullo con María Rozas, Concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude do Concello de Santiago de Compostela. Tras as eleccións muncipais do 28 de maio, EspazoCoop está celebrando diferentes xuntanzas cos novos gobernos resultantes co obxectivo de desenvolver novos programas e iniciativas para o fomento do cooperativismo e o seu coñecemento na poboación. Ler máis
Axudas ao Emprendemento
Está aberta a convocatoria de axudas ao emprendemento para apoiar iniciativas de emprendemento para a anualidade 2023. A finalidade é facilitar as iniciativas de emprendemento, contribuíndo ao incremento da súa actividade económica e a súa competitividade e, en definitiva, mantendo empregos de calidade, a través do apoio ao financiamento do investimento realizado e pagado entre o 5 de novembro de 2022 e a data da presentación da solicitude. Prazo de solicitudes: 29 de setembro de 2023 ou ata esgotar o crédito. Ler máis
Subvencións Emprendemento Plus
[Programa I Investimentos - Programa II Emprego]
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade convocou as subvencións Emprendemento Plus para apoiar o investimento e a creación de emprego para as anualidades 2023-2024, axudas ás que poden acceder as cooperativas. A finalidade é apoiar o fortalecemento e consolidación de iniciativas de emprendemento que teñan unha antigüidade máxima de 42 meses, para impulsar a creación de emprego mediante axudas á consolidación de actividades económicas viables, que deben contribuír á diversificación económica, crecemento de emprego, sustentabilidade e equilibrio territorial, tanto en termos económicos como sociais. Prazo de solicitude: 17 de agosto de 2023. Ler máis
Entrevista a Ana Olveira Blanco, reelixida Presidenta de EspazoCoop
“É momento de fortalecer a parte interna de EspazoCoop co fin de dotarnos dunha organización máis forte para afrontar os retos que nos agardan”. O pasado 14 de xuño tivo lugar a asemblea anual de EspazoCoop e nela foi escollido o novo consello reitor que estará presidido de novo por Ana Olveira Blanco. Serán 4 anos nos que continuará realizando un importante labor de defensa do cooperativismo e dos intereses das socias de EspazoCoop. Ler máis
Xoves cooperativos: `Normativa e Lexislación Cooperativa´
A próxima sesión dos Xoves cooperativos organizados por EspazoCoop en colaboración co Concello da Coruña celebrarase o 14 de setembro, abordarase a temática "Normativa e Lexislación Cooperativa", unha pílula formativa impartida por Artigo 14 s. coop. galega. A reserva de praza para participar xa está habilitada, ben presencialmente na Coruña, ben vía Streaming. Inscrición. Ler máis
Axudas
Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas. As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste enlace: Axudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).
Licitacións
Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).