Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera
 






 
 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZOCOOP
 
[ 10 de maio de 2024 ]
 



Convocatoria: Asemblea xeral ordinaria 2024, 31 de maio

Convocamos a tódalas cooperativas socias para que asistan á Asemblea xeral ordinaria 2024 da Unión de Cooperativas EspazoCoop prevista para o venres 31 de maio en Santiago de Compostela, co fin de participar nos temas a tratar, e acadar os obxetivos que nos marcamos para esta cita coa base social da Unión de Cooperativas EspazoCoop.

Onde?: no Hotel NH Collection, Avda. do Burgo das Nacións 4 – Santiago de Compostela
Horario: 1ª convocatoria 9.30 horas  | 2ª convocatoria 10 horas. Ler máis 


 




Programa de Intercooperación
Encontro da sectorial Asesorías e Consultoras, 24 de maio

EspazoCoop promove un programa para impulsar procesos de intercooperación, e promocionar a práctica deste Principio cooperativo fundamental que distingue especialmente a economía cooperativa e a cultura empresarial que poden exercer as cooperativas, sumando valor, diferenciándose doutras formas de economía competitivas e excluíntes para as persoas e a sostibilidade da vida. Neste contexto, celebrará o 24 de maio o Encontro da Sectorial Asesorías e Consultoras. Ler máis
 


 


O programa de teleformación "Coopera Rural", Fortalecendo o tecido cooperativo no rural, iniciará o 3 de xuño

A Unión de Cooperativas EspazoCoop preséntavos o Programa formativo: “Coopera Rural. Fortalecendo o tecido cooperativo no rural” que se imparte nos meses de xuño e xullo de 2024 e que ofrece 3 cursos de teleformación, GRATUÍTOS, que se desenvolven na Aula Virtual de EspazoCoop:

Emprendemento en cooperativa | 25 h. | Teleformación | Do 3 ao 18 de xuño 2024
Habilidades e competencias para o traballo en equipo nas cooperativas
25 h. Teleformación | Do 19 de xuño ao 7 de xullo 2024

Desenvolvendo a idea cooperativa | 25 h. | Teleformación | Do 9 ao 24 de xullo 2024. 
Ler máis



 




Formación para cadros directivos de cooperativas, dende o 10 de xuño

A Unión de Cooperativas EspazoCoop organiza a actividade Formación para cadros directivos de cooperativas, un curso gratuíto de 25 horas en modalidade de teleformación, impartido dende a Aula Virtual de EspazoCoop, do 10 ao 26 de xuño de 2024, que busca mellorar a función directiva para persoas que xestionan cooperativas. Trátase dunha actividade no marco da Rede Eusumo e do programa Éfeso. É preciso realizar a inscrición previa para entrar na selección de participantes. Ler máis
 


 



A cooperativa Alén tramita as Axudas para cumprimento de criterios ASG

Foron convocadas as novas axudas IG288 -IG300F do Igape, que subvencionan en réxime de concorrencia non competitiva diferentes medidas para o avance no cumprimento de criterios ASG, entre outras:
  • Consultoría e certificación B Corp
  • Melloras ligadas á economía circular e estratexias de deseño sostible
  • Criterios de sostibilidade en compras
  • Programas de inversión na comunidade
  • Elaboración do Código de conducta

Dende Alén poden acompañar na integración e desenvolvemento estratéxico da sostibilidade e impacto positivo, ou asesorar sobre as iniciativas mais apropiadas. Ler máis




Sacauntos cooperativa celebran o mes das letras cunha oferta para as socias da Unión

Desde a cooperativa socia Sacauntos queren celebrar o mes das letras e facervos partícipes dun agasallo para todas as cooperativas que realicedes a vosa comunicación habitual en lingua galega. Queren agasallarvos con 100 folletos e 100 cartóns de visita completamente de balde, sempre que estean en calquera normativa do galego. Ler máis

 




Aventeira lanza a actividade "Ruta contra os discursos do odio"

A actividade Ruta contra os discursos do odio organizada pola cooperativa Aventeira busca que persoas mozas, de entre 18 e 29 anos, percorran localizacións de Galicia, Castela e León e Asturias onde colectivos, asociacións e loitas populares presentes ou pasadas contribuíron -ou contribúen- a desmontar discursos de odio e procurar un mundo máis xusto para tódalas persoas e para o medio ambiente.
A actividade terá lugar entre o 17 e o 26 de agosto e é totalmente gratuíta. Formulario de inscrición, na súa páxina web. O período de inscrición estará aberto ata o 3 de xuño.

 


 


Axudas 

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas. 
As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste  enlace: Axudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).


 

 
Licitacións 
 
Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).

 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Praza do Papagaio s/n (Accede Papagaio). 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104. Baixo esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Marqués de Valladares 14, 2º. Oficinas 4-5. 36201|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO