Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera
 






 
 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZO COOP
 
[ 26 de xaneiro de 2024 ]
 



EspazoCoop celebra as xornadas internas de planificación 2024

A Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop celebrou os días 25 e 26 de xaneiro en Moaña as Xornadas Internas de Planificación Estratéxica que organiza a principios de cada ano e que permite facer balance, organizar o novo ciclo, e establecer as principais liñas de acción para o ano. As instalacións da cooperativa A Talangreira do Beque acolleu estas sesions en A Fraga de Moaña. Ler máis





Asemblea xeral de socias | venres 2 de febreiro en Vigo, para contar coa visión das cooperativas na Planificación 2024 de EspazoCoop

A Unión de Cooperativas EspazoCoop celebra unha Asemblea extraordinaria co obxetivo de incorporar a visión e as propostas das cooperativas socias na definición do Plan Operativo Anual 2024 da Unión, e presentar a proposta do Sistema Organizativo da estrutura técnica.

Será o venres 2 de febreiro na sede da Deputación de Pontevedra en Vigo, no Casco Vello da cidade, ás 15.30 en primeira convocatoria e ás 16 horas en segunda. A finalización da sesión está prevista para ás 18 horas. Animamos a tódalas socias a particiar, previamente é necesario confirmar a asistencia. Ler máis

 


Axudas Bono Consolida Economía Social, Convocatoria 2024

Abriu a convocatoria de axudas para o apoio á consolidación de cooperativas e as demais entidades da economía social, Bono consolida economía social para a anualidade 2024.  A finalidade das axudas, segundo a orde, é apoiar a consolidación das entidades da economía social e reforzar a súa presencia no tecido económico de Galicia co fin de incrementar a súa competitividade e manter empregos de calidade. Prazo: 25 de marzo de 2024 ou ata esgotar o crédito. Ler máis




A Aula Virtual de EspazCoop promove a aprendizaxe sobre o modelo empresarial cooperativo

A Unión de Cooperativas conta entre os seus servizos cunha plataforma de teleformación propia dende hai catro anos, con casi 1.300 usuarias rexistradas. Con ela pode ofertar xeitos alternativos de formarse tanto para ás cooperativas, os grupos de emprendemento colectivo, estudantes, prescritoras, profesionais, e calquera persoa interesada en materias vinculadas co modelo cooperativo. En 2023 ofertou 20 cursos, e acadáronse preto de 350 persoas formadas na modalidade de teleformación. Ler máis


 



Acto da Presentación da Estratexia Galega de Economía Social, EGAES H27, en Ribadavia

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, organiza o “Acto de presentación da Estratexia Galega de Economía Social | EGAES H27” que terá lugar o mércores 31 de xaneiro, ás 11.30 horas, na Cooperativa Viña Costeira de Ribadavia (Ourense), e se convida ás cooperativas da Unión de Cooperativas EspazoCoop a asistir e participar ao evento Economía Social para unha Economía Sostible. A actividade finalizará cun Café Networking para promover as relacións e a intercooperación entre o sector. Ler máis


 


Axudas 

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas. 
As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste  enlace: Axudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha). 


 

 
Licitacións 
 
Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).

 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Travesía de San José 10. Entreplanta dereita. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104. Baixo esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Marqués de Valladares 14, 2º. Oficinas 4-5. 36201|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO