Galicia consolídase como segunda comunidade autónoma en creación de cooperativas con 192 novas sociedades no 2024
EspazoCoop celebrou este venres a súa Asemblea Xeral na que se presentaron os resultados dun ano marcado pola expansión e consolidación do cooperativismo galego. O 90 % das cooperativas creadas en Galcia no ano 2024 foron de traballo asociado.
A Unión de Cooperativas EspazoCoop celebrou este venres a súa Asemblea Xeral Ordinaria, na que presentou a súa memoria de actividades 2024, nun contexto onde Galicia se consolida como a segunda comunidade autónoma de España en creación de cooperativas, con 192 novas entidades constituídas durante o pasado ano, das cales 174 son de traballo asociado.
Este dato supón que máis do 90% das novas cooperativas creadas en Galicia en 2024 optaron pola fórmula de traballo asociado, consolidando este modelo como a principal vía de emprendemento colectivo e xeración de emprego sostible no territorio.
Baixo o lema “Somos rede, somos impulso”, a presidenta da Unión, Ana Olveira Blanco, destaca que o 2024 foi "un ano de impulso e consolidación para o cooperativismo galego", que sinala como "un indicativo de que o ecosistema que vimos construíndo está a dar os seus froitos".
Saber máis

Unha delegación de EspazoCoop asiste en Málaga ao evento de Bluedots: Economía Azul, Dixital e Social
Unha delegación de EspazoCoop asiste en Málaga ao evento internacional "Economía Azul Dixital e Social: Transición Sostible e Oportunidades de Innovación" os días 22 e 23 de maio, xunto a outras entidades galegas, no marco do proxecto Bluedots de Coceta.
Este encontro único está deseñado para impulsar o desenvolvemento da economía azul a través da dixitalización e a innovación social, promovendo modelos de negocio máis inclusivos, sostibles e competitivos.
Durante dous días, a delegación de Galicia formada por 12 entidades da economía social asistirán ás actividades das xornadas de Bluedots, participando unha importante representación do ámbito da economía azul da comunidade: cooperativas, asociacións, fundacións e confrarías.
Saber máis

Contratación dun plan operativo de implantación de ODS para o impulso do emprendemento en economía social
EspazoCoop convocou un concurso público, baixo os principios de publicidade, transparencia e concorrencia competitiva, para a elaboración dun recurso que favoreza o impulso de capacidades e habilidades para o desenvolvemento de actividades emerxentes, concretamente, a elaboración dun plan operativo de implantación de Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS en diante) do proxecto É- FACTORY: Rede de Aceleradoras de economía social para impulsar e consolidar empresas en novas actividades emerxentes de Galicia e o Norte de Portugal, aprobado no marco do programa de Cooperación Territorial Europea Interreg VI A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027, financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).
Prazo de presentación de ofertas ata o 30 de maio de 2025 ás 14 h.
Saber máis