Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera
 






 
 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZOCOOP
 
[ 5 de abril de 2024 ]
 



O Programa Consolida+ pon a dispor o curso en liña, "Ferramentas Básicas de Xestión Cooperativa"

No marco da programación de actividades da Rede Eusumo: Fomento do Cooperativismo e da Economía Social, para o ano 2024, a Unión de Cooperativas Espazocoop realiza o Programa Consolida+ Consolidando ás cooperativas, dentro deste programa as usuarias de Consolida+ teñen á súa disposición un recurso formativo gratuíto na plataforma de teleformación da Unión, trátase do curso «Ferramentas Básicas de Xestión Cooperativa» (36 horas), sobre organización societaria e xestión empresarial en cooperativas, co que complementarán o asesoramento recibido e refrescarán aspectos básicos do modelo cooperativo. Inscribirse neste formulario. Ler máis


 

 

Vídeo | Hoxe cociñamos: Emprendemento Cooperativo

O vídeo que presentamos “Hoxe cociñamos: Emprendemento Cooperativo” da Unión de Cooperativas EspazoCoop foi realizado con 7H Cooperativa Cultural, no marco e co financiamento do Convenio de Colaboración 2023 entre a Deputación da Coruña e EspazoCoop.

O emprendemento cooperativo permite crear proxectos profesionais de autoemprego colectivo xunto a outras persoas. Como? mediante a fórmula empresarial de cooperativa, unha empresa especial cunha xestión e dimensión democrátiva e participativa que precisa dun asesoramento e acompañamento especializado. En EspazoCoop contamos con servizos de orientación e asesoramento para o emprendemento cooperativo. Para ver o vídeo: Ler máis

 


Programa de teleformación "Muller, a cooperativa é para ti"

A Unión de Cooperativas EspazoCoop continúa coas inscricións abertas ao programa formativo “Muller, a cooperativa é para ti”. Trátase de 3 cursos de teleformación, gratuítos, realizados dende a Aula Virtual de EspazoCoop, cunha duración de 25 h. cada un, aínda pódese optar a participar nos cursos que inician o 25 de abril e o 13 de maio :

  • Muller, lánzate a emprender en cooperativa, inicio 8 de abril
  • Habilidades para o traballo en equipo en cooperativas, inicio 25 de abril
  • Desenvolvendo a idea cooperativa, inicio 13 de maio

A fórmula cooperativa é unha eficaz ferramenta para conseguir a integración e a igualdade no mundo laboral para as mulleres, en condicións dignas e estables, e con amplas posibilidades de desenvolvemento profesional. Ler máis




A Milpa do Salnés presenta a formación en liña:
"Agricultura Ecolóxica Biointensiva

Dende a cooperativa A Milpa do Salnés propoñen a formación en liña “Agricultura Ecolóxica Biointensiva” que organizan e imparten a partir do 4 de maio de 2024. Se queres aprender a cultivar o teu propio alimento dun xeito ecolóxico e avanzar cara á verdadeira autosuficiencia no teu xardín, esta é a túa oportunidade de coñecer máis sobre o método biointensivo que che ofrece todas as ferramentas para producir unha gran cantidade de alimentos en moi pouco espazo e dun xeito ecolóxico.

Datas: 4, 11, 18, 25 de maio e 1 e 15 de xuño de 2024. Ler máis


 




Este mes finalizará o prazo para presentarse aos `Premios á cooperación 2024´ destinados ás cooperativas de Galicia

O propósito desta convocatoria é fomentar e divulgar o cooperativismo, os seus principios e valores, así como recompensar publicamente o labor que as cooperativas veñen realizando no desenvolvemento do movemento cooperativo na Comunidade galega. A convocatoria establece premios nas seguintes categorías:

  • Aos valores cooperativos.
  • Ao mellor proxecto cooperativo novo (cooperativas cunha antigüedade igual ou menor de 42 meses).
  • Á traxectoria cooperativa (cooperativas cunha antigüedade maior de 42 meses).
Prazo: 30 de abril de 2024. Ler máis




Axudas 

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas. 
As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste  enlace: Axudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).


 

 
Licitacións 
 
Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).

 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Travesía de San José 10. Entreplanta dereita. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104. Baixo esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Marqués de Valladares 14, 2º. Oficinas 4-5. 36201|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO