Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera
 












 
 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZOCOOP
 
[ 24 de abril de 2026 ]
                                                                         

EspazoCoop prepara a súa Asemblea xeral ordinaria 2026

GARDA O DÍA!

EspazoCoop celebrará a súa Asemblea o vindeiro 5 de xuño de 2026 en sesión matinal na Cidade da Cultura, Edificio Fontán (Sala Eventos), Santiago de Compostela.

Proximamente as cooperativas socias recibiredes a convocatoria formal da Asemblea coa orde do día, así como a información e documentación dos temas a abordar na Asemblea deste ano.

Anotade na axenda! 5 de xuño na Cidade da Cultura, para atoparnos a gran familia do cooperativismo.


Novo encontro da Sectorial de Consultoras para intercooperar

EspazoCoop organiza un encontro da Sectorial de Asesorías e Consultoras que tratará temas de interese para as cooperativas socias deste sector, como é a súa participación e achegas ao proceso de planificación estratéxica da Unión para o período 2026-2029, coñecer ás novas cooperativas da sectorial e realizar propostas de acción para 2026.

O encontro finalizará cun pequeno foro de intercooperación entre as cooperativas asistentes.

A Unión facilitará o intercambio de información, a interacción para o mutuo coñecemento, o debate, e a participación. Vaise celebrar no Hotel Puerta del Camino de Santiago de Compostela o 29 de maio de 9.30 a 12 horas.

Neste formulario podes reservar a túa praza

Saber máis



O Roteiro Cooperativo chega a súa 5ª edición no Concello de Santiago

O Roteiro Cooperativo  é unha actividade que propón un xeito diferente de coñecer as cooperativas de Santiago de Compostela, o cooperativismo e a chamada economía social. A edición deste ano conta cunha programación de 4 roteiros que se realizan entre os meses de marzo a setembro.

En 2026, o roteiro, que chega a súa 5ª edición, destaca como unha iniciativa innovadora na divulgación do cooperativismo, un obxectivo que EspazoCoop e o Concello de Santiago de Compostela buscan para continuar fomentando a economía cooperativa no concello.

Saber máis



Ribeira e Sanxenxo acollerán as próximas charlas sobre emprendemento cooperativo

O primeiro paso para dinamizar e impulsar o emprendemento en cooperativa é sensibilizar sobre esta alternativa de autoemprego colectivo. A través do Programa de Sensibilización do Emprendemento Cooperativo de EspazoCoop achegamos ás persoas como é a realidade dunha cooperativa, as súas particularidades e as potencialidades deste modelo a nivel laboral.

A actividade divulgativa que propón EspazoCoop consta dunha exposión divulgativa e da participación de experiencias reais de cooperativas en funcionamento.

As próximas citas serán os días 27 e 30 de abril, no IES Leliadoura de Ribeira, e coa Asociación Sabia Vella de Sanxenxo.

Saber máis


Certame Cooperativismo no Ensino 2026

Lembrade a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración ten aberta a convocatoria do Certame Cooperativismo no Ensino.

O certame Cooperativismo no Ensino está destinado a reforzar a divulgación dos valores cooperativos entre o alumnado dos centros educativos galegos e a poñer en valor o traballo que desenvolven as cooperativas na consolidación deste modelo empresarial.

Animamos especialmente ás cooperativas de ensino a participar na edición 2026, que conta cun prazo de presentación de solicitudes ata o 30 de abril de 2026.

A medida contribúe a visibilizar o papel do cooperativismo como motor de crecemento económico sustentable, que crea emprego de calidade, integrador e asentado no territorio contribuíndo a xerar actividade e a fixar poboación no rural.

Saber máis


Premios PEL 2026. Premios ás Mellores Iniciativas Empresariais da provincia da Coruña

A Deputación da Coruña ven de publicar as bases reguladoras da oitava edición dos Premios PEL: premios ás mellores iniciativas empresariais da provincia, (PEL-EPR PREMIO 2026) un galardón incluído entre as accións de incentivos á calidade e á innovación da idea empresarial do Plan de Emprego Local (PEL) co que se pretende galardoar ás mellores iniciativas empresariais da provincia, fomentando a súa imaxe positiva e realzando o seu papel fundamental como xeradoras de riqueza, emprego e benestar, contribuíndo á súa sostibilidade, ao emprendemento e á potenciación do rural.

As empresas
gañadoras de cada categoría recibirán un premio de 20.000 euros, agás na categoría honorífica. Excepcionalmente o xurado poderá premiar aos segundos clasificados cun accésit de 5.000 euros. Neste suposto os primeiros clasificados recibirán un premio de 15.000 euros.

Saber máis



Axudas


Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas. As asociadas podedes consultar as diversas referencias de axudas e acceder ás súas bases neste enlace: Axudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).
 

 



Licitacións
 
Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).
 


 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Praza do Papagaio s/n (Accede Papagaio). 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|República do Salvador 3, 2º D. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Marqués de Valladares 14, 2º. Oficinas 4-5. 36201|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO