O venres 28 de outubro ten lugar en Santiago de Compostela a xuntanza do Consello Estatal para o Fomento da Economía Social, coincidindo coa capitalidade da Economía Social de Santiago de Compostela durante este ano, e nela participará EspazoCoop da man da súa Presidenta, Ana Olveira, vogal do Consello como representante da Confederación Empresarial Española de la Economía Social (CEPES).
Despois de máis de 11 anos sen xuntanzas, este órgano foi reactivado este ano, un feito moi ben valorado por EspazoCoop tendo en conta que este modelo económico supón o 10% do PIB de España e xera 2,3 millóns de empregos. Ler máis.
A Unión de Cooperativas EspazoCoop e a Deputación Provincial da Coruña están colaborando no marco do convenio asinado este ano para realizar un ITINERARIO DE EMPRENDEMENTO COOPERATIVO destinado á cidadanía da provincia coruñesa.
O Itinerario está conformado por tres actividades e servizos gratuítos que apoian o modelo empresarial cooperativo no ámbito territorial da provincia da Coruña: un servizo de asesoramento e acompañamento a proxectos cooperativos, un curso sobre cooperativas online, e unha xornada de divulgación. A través deste programa preténdese ademais, detectar oportunidades para realizar actividades económicas e profesionais dende a vía cooperativa. Ler máis