A próxima semana a Unión de Cooperativas inicia as actividades previstas para impulsar e informar sobre a creación de empresas cooperativas entre a poboación de Ordes (A Coruña). Trátase de dúas accións, unha Xornada, o luns 23 de xaneiro de 2023, e un Obradoiro de 15 horas que se imparte os días 30 de xaneiro, e o 6 e 13 de febreiro. Estas iniciativas fan parte do programa de colaboración que EspazoCoop mantén coa Deputación da Coruña. En concreto, fan parte do “Itinerario de Emprendemento en Cooperativa” destinado a visibilizar as potencialidades que brinda o modelo cooperativo. Ler máis