Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera

 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZO COOP
 
[ 27 de xaneiro de 2023 ]
 


 

EspazoCoop planifica a estratexia para 2023 nunhas xornadas en Pontevedra

A Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop celebrou os días 26 e 27 de xaneiro na cidade de Pontevedra as Xornadas Internas de Planificación Estratéxica que organiza a principios de cada ano para desenvolver traballo de tipo interno que permite facer balance, organizar o novo ciclo, e establecer as principais liñas de acción para o ano. O Concello de Pontevedra, co que a Unión ten establecido un protocolo de colaboración para a promoción do cooperativismo, acolleu as xornadas no Pazo da Cultura. Ler máis


 




Programa de Apoio á Función Xerencial en Cooperativas
"Creando Mellora"  2023

A Unión de Cooperativas Galegas Espazocoop abre a convocatoria para solicitar un recurso para cooperativas, o programa APOIO Á FUNCIÓN XERENCIAL EN COOPERATIVAS “Creando Mellora” (11ª edición), un programa de Bolsas que brinda soporte para consolidar proxectos empresariais cooperativos. Se sodes unha cooperativa que quere mellorar e mesmo impulsar a área da xerencia, este programa pode interesarte. O recurso permitirá contar cunha persoa titulada con formación empresarial, durante 6 meses, para realizar un Plan de Mellora e  funcións xerenciais na vosa empresa. Prazo de solicitude: 1 de febreiro de 2023. Ler máis
 




Asemblea xeral extraordinaria de EspazoCoop, venres 3 de febreiro

O 3 de febreiro celebramos a Asemblea xeral extraordinaria de Planificación Anual á que as socias de EspazoCoop estades chamadas a participar, queremos  contar coa vosa presenza e aportacións para organizar e planificar o novo ciclo. Ademais, nesta Asemblea de socias reservaremos un tempo para contar coas vosas achegas na avaliación do Sistema Organizativo da Unión. Venres 3 de febreiro de 2023 nas instalacións da Fundación Paideia na Coruña (1ª convocatoria 16.30 h. e 2ª convocatoria 17 h.). Ler máis.
 




Oferta de contratación de EspazoCoop
Servizo de comunicación da área institucional

EspazoCoop lanza unha oferta para a contratación dun servizo de comunicación. Agardamos que sexa de interese para as cooperativas socias que realizan estes servizos e actividades, que poderán candidatarse e presentar unha proposta ata o 30 de xaneiro de 2023 ás 14 horas. Ler máis




Asóciate! A Unión fai a forza

Queremos estimular entre as cooperativas galegas o interese por asociarse a EspazoCoop, por integrarse na asociación de cooperativas máis grande de Galicia en canto a número de socias, que actualmente conta cunha rede de máis de 235 empresas cooperativas.

Asóciate! A Unión fai a forza quere contribuír a incrementar o nivel de afiliación das cooperativas galegas, e en todo caso aumentar a visibilidade e o coñecemento sobre o labor e a función da Unión no cooperativismo da comunidade. Ler máis


 



Axudas 

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas.  As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste enlaceAxudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).  


 




Licitacións 

Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).

 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Travesía de San José 10, Ent.A. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104, baixo, esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Taboada Leal 15, entreplanta. 36203|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO