Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera

 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZO COOP
 
[ 11 de Novembro de 2022 ]
 


 

Representantes do cooperativismo de todo o estado participan nun encontro organizado por EspazoCoop

Galicia converteuse estes días no centro do cooperativismo estatal cun Encontro de visibilización e intercooperación entre representantes do cooperativismo de traballo asociado, estatal e galego organizado pola Unión de Cooperativas Espazocoop.
O Encontro contou cunha axenda de reunións institucionais co Concello de Santiago, a Consellería de Emprego e Igualdade, o Concello da Coruña e a Deputación da Coruña, xunto a Coceta, a Confederación estatal de Cooperativas de Traballo, ademais de actividades como o Roteiro Cooperativo santiagués, unha etapa do Camiño francés e a realización do Consello reitor de Coceta, que completaron o intenso programa do Encontro durante dous días. Ler máis (I) 
Ler máis (II)




Xornada: Axudas da Deputación da Coruña ao Sector Cultural
[ Xoves 17 de novembro, en liña ]

A Xornada "Axudas da Deputación da Coruña ao Sector Cutural" é unha actividade do programa de colaboración que EspazoCoop realiza coa Deputación Provincial da Coruña durante 2022. 
Nela vanse a  presentar as liñas de axudas para o ámbito cultural, tratando as oportunidades que representan para as empresas cooperativas, así como as necesidades de mellora que se teñen detectado para as mesmas. Ler máis




Suma os teus aforros con Coop57


Coop57 lanza a Campaña de aforro << Suma con Coop57 >>.  A cooperativa Coop57 é unha ferramenta financeira ética e solidaria que canaliza o aforro da xente para financiar proxectos transformadores que promoven unha economía ao servizo das persoas. 
En Coop57 teñen un gran reto: "Necesitamos sumar máis: máis socias e máis recursos para continuar fortalecendo xuntas a economía social e solidaria". 
Ler máis


 


Curso "Cooperativas de Plataformas Dixitais"
[ Inicio 21 de Novembro 2022]

O Curso online de emprendemento en equipo que fomenta o desenvolvemento de novas plataformas cooperativas dixitais e a creación dunha comunidade global.
Trátase dunha iniciativa formativa para promover a economía dixital cooperativa, impulsada dende a Universidade de Mondragón na que colaboran e participan a Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop,
a Escola Andaluza de Economía Social, Florida Universitaria, e Tazebaez. Sesión informativa do Curso o luns 14 de novembro ás 18 h. Ler máis



 


A Cooperativa é para nós?
[ Curso en liña | Inicio 22 de Novembro 2022]

A Unión de Cooperativas EspazoCoop e a Deputación da Coruña están colaborando no marco do Convenio asinado para realizar un Itinerario de Emprendemento Cooperativo destinado á cidadanía da provincia.
Este Itinerario está conformado por tres actividades gratuítas para impulsar o modelo empresarial cooperativo: unha xornada de difusión, un servizo de asesoramento e acompañamento a proxectos cooperativos, e este curso de teleformación sobre cooperativas: "A Cooperativa é para nós?" que continúa coa inscrición aberta. Ler máis


 


Xornada: "Como facer máis accesible a Cultura?"
[ Proposta da cooperativa Ben Curiosa ]

O vindeiro xoves 17 de novembro, no Centro Ágora da Coruña, terá lugar a xornada formativa “Como facer máis accesible a cultura?”. Este encontro profesional, organizado por Ben Curiosa (entidade galega da economía social), está dirixido a profesionais do sector cultural e a calquera persoa interesada nunha cultura máis accesible. Permitirá coñecer, de primeira man, a realidade de diversos colectivos de persoas con discapacidade, as barreiras que atopan no seu acceso á cultura e as medidas específicas de accesibilidade existentes. As cooperativas asociadas a EspazoCoop contarán con desconto na inscrición. Ler máis




Asóciate! A Unión fai a forza

Queremos estimular entre as cooperativas galegas o interese por asociarse a EspazoCoop, por integrarse na asociación de cooperativas máis grande de Galicia en canto a número de socias, que actualmente conta cunha rede de máis de 235 empresas cooperativas.

Asóciate! A Unión fai a forza quere contribuír a incrementar o nivel de afiliación das cooperativas galegas, e en todo caso aumentar a visibilidade e o coñecemento sobre o labor e a función da Unión no cooperativismo da comunidade. Ler máis


 



Axudas 

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas.  As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste enlaceAxudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).  


 




Licitacións 

Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).

 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Travesía de San José 10, Ent.A. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104, baixo, esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Taboada Leal 15, entreplanta. 36203|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO