Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador |
|
|
:
|
BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZOCOOP
[ 21 de xuño de 2024 ]
Convite ao Día do Cooperativismo Galego 2024
A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración convida ás cooperativas socias de EspazoCoop ao acto de celebración do Día do Cooperativismo Galego, o vindeiro 6 de xullo ás 12 h., unha conmemoración que, como cada ano, terá lugar o primeiro sábado de xullo, coincidindo co Día Internacional das Cooperativas, e que este 2024 se proclama baixo o lema “As cooperativas constrúen un futuro mellor para todas as persoas”.
O acto celebrarase na sede do colexio cooperativo C.P.R. Plurilingüe Ángel de la Guarda (Sociedade Cooperativa Galega A Medoña), no lugar de A Medoña, s/n, Priegue (Nigrán).
Dentro da programación do acto, entregaranse os premios do “Certame Cooperativismo no Ensino” e os “Premios á Cooperación” que este ano galardoan a 3 cooperativas socias de EspazoCoop: Árbore Consumo Consciente, A Morada, e o Colexio Mendiño, as tres da cidade de Vigo. Convite neste enlace. Ler máis
Presentación de resultados de +COOP en Galicia [ 8 de xullo, Silleda ]
+COOP: Forma cooperativas con EspazoCoop
A Unión de Cooperativas EspazoCoop vén desenvolvendo o programa +COOP en colaboración coa Rede Eusumo- Xunta de Galicia, Cepes e o FSE, co fin de prestar servizos de apoio á cidadanía para crear empresas cooperativas e acceder ao emprego, mediante a fórmula do autoemprego colectivo.
+COOP 2023-2024 desenvolveuse prestando orientación, asesoramento e acompañamento especializado a colectivos de persoas que quixeron emprender baixo o modelo cooperativo, para facer das súas ideas de negocio e actividades profesionais, proxectos cooperativos viables, económica e societariamente. Neste contexto o vindeiro luns 8 de xullo ás 10 horas, en “La Moda” Rural Lab en Silleda, terá lugar a Xornada de presentación de resultados, trataranse os programas de apoio ao emprendemento, contarán as súas historias cooperativas participantes, teremos debate, intercambio, redes... A inscrición para participar está aberta. Ler máis
O Polo de Emprendemento de O Porriño acolle a sesión informativa: E ti, Coñeces a Fórmula Cooperativa?
O primeiro paso para dinamizar e impulsar o emprendemento en cooperativa é sensibilizar sobre esta alternativa de autoemprego colectivo. A través do Programa de Sensibilización do Emprendemento Cooperativo de EspazoCoop achegamos ás persoas como é a realidade dunha cooperativa, as súas particularidades e as potencialidades deste modelo a nivel laboral. Así, o mércores 26 de xuño no edificio Multiusos de Torneiros do Concello de O Porriño realízase unha sesión informativa de 10 a 13 h. aberta a todo o público interesado, a inscrición permanece aberta. Ler máis
A próxima semana! curso «Xestión de cooperativas: facturación e fiscal»
A Unión de Cooperativas Espazocoop, dentro do seu programa de Formación Especializada de Cooperativas, celebra o curso gratuíto Xestión de cooperativas, facturación e fiscal, unha sesión de 5 horas presenciais que se imparte nas instalacións de Cersia Empresa en Santiago de Compostela o próximo mércores 26 de xuño. A sesión estará dinamizada por docentes experimentadas de Xiama s. coop. galega e da Unión de Cooperativas. A actividade realízase co apoio do Concello de Santiago de Compostela. A inscrición permanece aberta. Ler máis
Licitacións
Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).
|
|
|
|
ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop
A Coruña|Praza do Papagaio s/n (Accede Papagaio). 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104. Baixo esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Marqués de Valladares 14, 2º. Oficinas 4-5. 36201|+ 34 986 866 149
|
|