A Unión de Cooperativas EspazoCoop lanzou a finais de setembro a campaña "Somos Coop, somos Top!" que se extenderá ata finais de ano a través das súas redes sociais. Agora EspazoCoop ten dispoñible para cooperativas socias e outras cooperativas galegas, os materiais promocionais dixitais da Campaña Somos Coop, somos Top!
Con este kit dixital as cooperativas poden comunicar e visibilizar que pertencen á gran familia das cooperativas galegas, presumir de cooperativa e mostrar a súa condición de empresa con valores.
O KIT está composto por logotipos que teñen distintos formatos e varias opcións de cor para adaptarse ás aplicacións dixitais, creatividades que visibilizan os valores e o impacto das empresas cooperativas nas redes sociais baixo o lema Somos Coop, somos Top!, e o adhesivo que se pode colacar no centro de traballo. Ler máis