Para fomentar a intercooperación, tanto a nivel sectorial como intersectorial e con outras entidades da Economía Social e Solidaria (ESS) a Unión de Cooperativas EspazoCoop implementa este 2023 unha nova edición dun itinerario de intervención composto de distintas actuacións: encontros sectoriais; encontros proxectos de colaboración; acompañamento de proxectos de intercooperación; e elaboración de materiais divulgativos de intercooperación.
Así, o primeiro Encontro de Cooperativas - Sector Consultorías celébrase o 24 de marzo de 9.30 a 11.30 en liña. Participación aberta previa inscrición. Ler máis
A xornada "Muller e agrocooperativismo en Galiza", ten por obxetivo dar a coñecer a evolución dos datos da presenza de mulleres socias nas cooperativas agroalimentarias galegas, enmárcase no proxecto SAVES, que desenvolve a Universidade de Vigo en colaboración con Agaca e con apoio da Rede Eusumo. O proxecto SAVES permite coñecer a realidade actual das mulleres socias nas cooperativas agroalimentarias e permitirá abordar a reforma da Lei de Cooperativas de Galicia en materia de igualdade con criterios e coñecementos da realidade.
O 24 de marzo no Museo do Pobo Galego (Santiago de Compostela), previa inscrición. Ler máis
Programa Colectivos "A Solución é Cooperativa"
EspazoCoop presenta o Programa Colectivos “A Solución é Cooperativa”, conformado como un itinerario formativo de 3 obradoiros en modalidade teleformación -mixta- do 25 de abril ao 9 de xuño de 2023, no marco da Rede Eusumo, e en colaboración co Concello de Lugo e Federación de Asociacións de Ámbito Social - FADAS Lugo. O programa achega formación e acompañamento sobre a fórmula cooperativa a colectivos de persoas en proceso de mellora da súa situación social e laboral, que están en proceso de cambio para integrarse e participar en diferentes ámbitos na nosa sociedade. Ler máis