O programa “Apoio á Función Xerencial en Cooperativas – Creando Mellora” de EspazoCoop, lanza a 11ª edición de Bolsas en Cooperativas destinada a persoas con estudos empresariais, en desemprego, menores de 30 anos e mulleres, preferentemente. Convócanse 4 bolsas que darán a posibilidade de realizar unha Estadía en Prácticas nunha Cooperativa galega durante 6 meses para impulsar e apoiar o ámbito xerencial e procesos de mellora, as Bolsas están dotadas cunha Axuda Económica mensual. Ler máis