Unha representación de EspazoCoop asistiu ao Cume como máximo representante do cooperativismo de Galicia. A delegación galega participou os días 13 e 14 de novembro , no Cume Europeo de Economía Social que se celebrou en San Sebastián con motivo da súa elección como capital española da economía social.
A ‘Conferencia Europea de Economía Social: Persoas, Planeta, Acción’, organizada polo Ministerio de Traballo e Economía Social no marco da Presidencia Española do Consello da Unión Europea, reuniu en San Sebastián durante os dous días, a gobernos, institucións europeas, gobernos autonómicos, a OCDE, a OIT, e líderes empresariais internacionais da Economía Social. Ler máis
A Unión de Cooperativas EspazoCoop, a través do seu vicepresidente e responsable da sectorial de ensino, Miguel Filgueira Touriño, participou nas Asembleas de UECoE e FedAces esta semana en San Sebastián.
A Unión Española de Cooperativas de Ensino (UECoE) e a Federación Española de Centros de Ensino da Economía Social (FedAces) celebraron o 15 de novembro de 2023, as súas respectivas Asembleas xerais extraordinarias no Palacio de Congresos e Auditorio Kursaal de San Sebastián, coincidindo cos actos de celebración da Conferencia Europea da Economía Social no marco de San Sebastián Capital da Economía Social 2023. Ler máis