| Ten problemas para ver este correo electrónico?  Ver no seu explorador | 
					 
					
						| 
						
						 | 
					 
					
						
						
							
								
									|   | 
									
:  
									 
									 
									 
									 
									 
									 
									  | 
									
									
									
									  
									
 
									BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZO COOP
 
									  
									
[ 24 de Novembro de 2023 ] 
									  
									 
									 
									
									
									
									
									
									
									
									
									
									
									
									
									
									
									
									
									 
									 
									Máis de 100 escolares de Galicia e Cataluña danse cita no XII Foro Intercomunitario de Investigación Xuvenil
									
									Este encontro celébrase en Vigo entre os días 23 e 25 de novembro e está dirixido pola Unión de Cooperativas de Galicia, EspazoCoop, e o Instituto Cultura, Ciencia e Tecnoloxía (ICCT). O XII Foro Intercomunitario de Investigación Xuvenil, celébrase no Hotel Coia de Vigo e reúne a máis de 100 escolares de Galicia e Cataluña. 
									Este Foro ten por obxectivo crear lazos de unión e coñecementos mutuos que enriquezan e fomenten o futuro das universidades mediante o intercambio de ideas e proxectos entre centros de diferentes comunidades. Durante dous días, 114 escolares de ESO de 8 centros educativos de Galicia e Cataluña presentan os seus traballos de investigación a través de relatorios orais. Ler máis
									
									 
 
									
									 
									 
									Fiare Banca Ética na sede de EspazoCoop en Vigo
									A entidade cooperativa Fiare Banca Ética aposta pola súa presenza en EspazoCoop de Vigo (Rúa Marqués de Valladares 14, 2º. Oficinas 4-5) co fin de mellorar a atención das socias da Unión e ao resto de entidades clientas. Fiare está traballando para incrementar a súa presenza en Galicia onde xa ten unha persoa traballando na sede de EspazoCoop de Vigo, froito da colaboración establecida entre ambas entidades desde fai anos. Ler máis 
									 
									  
									 
									 
									 
									Novo curso do programa de formación xerencial de EspazoCoop: 
									"Transformación de Empresas Mercantís en Cooperativas"
									 
									
Inicio 5 de decembro 2023 | A Unión de Cooperativas EspazoCoop está impartindo con carácter gratuíto o seu "Programa Especializado de Formación Xerencial" que na edición de 2023 realízase en colaboración co Concello da Coruña. 
									 
									Para o mes de decembro ten previsto un novo curso presencial "Transformación de Empresas Mercantís en Cooperativas", impartido por profesionais do sector cooperativo, neste caso dinamizado por Xedega s. coop. galega, Abeluria s. coop. galega, Cerne s. coop. galega e a Federación Andaluza de Empresas Cooperativas de Traballo Asociado (Faecta). Será os días 5 e 12 de decembro e ten unha duración de 10 horas. A inscrición continúa aberta. Ler máis
 
									
									 
									 
									 
									 
									Almorzo cooperativo: `Networking´, 14 de decembro
									 
									
A próxima sesión dos Xoves Cooperativos organizados por EspazoCoop en colaboración co Concello da Coruña celebrarase o 14 de decembro de 9.30 a 11.30 h., para realizar a última sesión de Networking e intercooperación do ano. Un Almorzo Cooperativo para o que é necesario reservar praza. Inscrición. Ler máis
 
									
									 
									 
									Encontro da Sectorial de Cultura de EspazoCoop en Culturgal 2023
									 
									
									[Venres 1 de Decembro, 12 h. en Pontevedra] Encontro no Culturgal das cooperativas da Sectorial de Cultura, Turismo, Patrimonio e Medio Ambiente de EspazoCoop, e doutras empresas de economía social culturais, que contará coa participación dun representante da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, para tratar a situación actual do sector. 
									Realízase no marco da Feira das Industrias Culturais, que se celebra en Pontevedra do 1 ao 3 de decembro, e no que a Xunta contará co Stand da Economía Social, con presenza destacada de cooperativas socias. Inscríbete ao Encontro do 1 de decembro ás 12 h. ata o 28 de novembro aquí 
									 
									 
									 
									 
									 
									A cooperativa Rexenerando oferta un posto de traballo
									 
									A nosa socia Rexenerando abriu un proceso de contratación, que pode ser de interese para potencias candidatas. Trátase da búsqueda dun perfil con formación e experiencia na xestión económica e administrativa, para fortalecer o seu equipo, ademais, contar con formación e experiencia no ámbito da xestión cooperativa e da economía social. As candidaturas poden enviarse a través dun formulario en liña que habilitaron. Prazo, ata o 30 de novembro ás 14 horas. Ler máis 
									
									  
									 
									 
									
 
									Axudas  
									 
									Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas. As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste  enlace: Axudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).  
									 
									 
									 
									 
									  
									
									
									
									
									
									
									
									
									
									
									
									
									
									
									Licitacións Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila). 
									 
									  
									 
									 
									 
									 
									 
									 
									 
									 
									 
									 
									 
									 
									 
									 
									 
									 
									 
									 
									 
									 
									 
									 
									 
									 
									 
									 
									 
									 
									 
									 
									 | 
									  | 
								 
							
						 
						 | 
					 
				
			 
			
				
					
						| 
						
						 | 
					 
					
						| 
						 ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS 
						www.espazo.coop | info@espazo.coop  
						 
						A Coruña|Travesía de San José 10. Entreplanta dereita. 15002|+ 34 881 887 456 
						Santiago de Compostela|Hórreo 104. Baixo esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78 
						Vigo|Marqués de Valladares 14, 2º. Oficinas 4-5. 36201|+ 34 986 866 149 
						  
						
						 | 
					 
				
			 
			 |