Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera
 







 

 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZO COOP
 
[ 6 de Outubro de 2023 ]
 


 

Vivenda Colaborativa, encontro online o 9 de outubro
[ Fomento do cooperativismo en sectores estratéxicos ]

[No marco da programación 2023 da Rede Eusumo]  

Fomento do Cooperativismo en Sectores Estratéxicos é un programa de acompañamento para apoiar a creación de empresas cooperativas en ámbitos e actividades económicas estratéxicas en Galicia e en novas necesidades comunitarias. EspazoCoop elaborou o pasado ano unha colección de Plans Estratéxicos da economía circular, novo rural, cohousing, coworking, coidados, e cultura. Partindo deste traballo, continúa coa activación de procesos que estimulen o uso do modelo cooperativo para construír proxectos. 

Neste contexto o vindeiro luns 9 de outubro organiza un Encontro destinado a persoas, organizacións e colectivos interesados na Vivenda Colaborativa en cesión de uso e nas oportunidades que pode ofrecer dende un modelo cooperativo. Ler máis



 




Coñece novas cooperativas socias

Presentamos a un novo grupo de cooperativas, asociadas a EspazoCoop, deixamos a súa referencia para coñecelas e que podan ser tidas en conta á hora de practicar un consumo ou comercio cooperativo, intercooperar, como aliadas á hora de realizar traballos en común, ou para facer redes no sector cooperativo:
Atoupa (Lugo), Buenos Muchachos (Cantina Argentina) (Vigo), As Fillotiñas (Redondela), Clíos Servizos Documentais (Camariñas) Lenda Educativa (Carballo), Ancoradoiro (Vigo), Pardiñas (A Coruña), Navia e Deva (Sada), Boa Onda (Cedeira), Yarama África (A Coruña), Xesta Brava (Ramirás), Manchea (A Coruña), Azul máis Verde (Carnota), Xacias (O Pino), Organic Fusion (A Coruña), e Tako Group (A Coruña).
Ler máis
 


 




Xoves cooperativos | `Intercooperación´

[Pílula formativa, no marco do convenio de colaboración entre o Concello da Coruña e EspazoCoop]  

A próxima sesión dos Xoves cooperativos organizados por EspazoCoop en colaboración co Concello da Coruña celebrarase o 19 de outubro de 9.30 a 11.30 h., abordando a temática "Intercooperación", unha pílula formativa impartida por MedAtlantia s. coop. galega. A reserva de praza para participar xa está habilitada, ben presencialmente na Coruña, ben vía Streaming. Inscrición. Ler máis


 



Xacias achega desconto nos seus servizos de comunicación ás socias de EspazoCoop

A nova cooperativa de traballo xuvenil que se suma a Espazo Coop, Xacias, vén de anunciar a posta en marcha dunha oferta especial para os cooperativistas da Unión. Dende o 1 de outubro ata o 31 de decembro deste ano, para facilitar que as persoas interesadas poidan reforzar a súa presenza en redes sociais ou medios de masas, mais tamén renovar a súa identidade visual. Cunha gran versatilidade, Xacias abarca todas as necesidades da xestión en comunicación. Ler máis



 



A formación xerencial de EspazoCoop arrincará cun curso de Fiscalidade Cooperativa Avanzada

A partir do día 7 de novembro, a Unión celebra 3 cursos gratuítos dentro do seu Programa Especializado de Formación Xerencial que realiza en colaboración co Concello da Coruña. Abordaranse materias específicas e especializadas sobre cooperativas co fin de mellorar a formación xerencial de socias e traballadoras de empresas cooperativas, ou doutras persoas e colectivos interesados nos mesmos. A inscrición está aberta e se realizan na Coruña:
- "Fiscalidade cooperativa avanzada" | 7 e 14 novembro 2023, dez horas.
Impartido pola cooperativa Xiama.
- "Xestión societaria e laboral nas cooperativas" | 21 e 28 novembro 2023, dez horas.
Impartido pola cooperativa Xedega.
- "Transformación de empresas mercantís en cooperativas" | 5 e 12 decembro 2023, dez horas. Impartido polas cooperativas Xedega, Cerne, Abeluria, e a Federación Andaluza de Empresas Cooperativas de Traballo Asociado (Faecta) 
Ler máis


 




Axudas 

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas.  As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste enlace: Axudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha). 




Licitacións 

Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).

 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Travesía de San José 10. Entreplanta dereita. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104. Baixo esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Marqués de Valladares 14, 2º. Oficinas 4-5. 36201|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO