Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera
 



 

 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZO COOP
 
[ 28 de Xullo de 2023 ]
 



O Boletín de EspazoCoop realizará un paro estival durante o mes de agosto, volveremos en setembro con máis novidades e informacións para tódalas socias e as persoas e organizacións amigas do cooperativismo.

Ata entón, bo verán!

 




[Oferta de contratación]
Servizo de realización dunha App para procesos de emprendemento cooperativo

EspazoCoop lanza unha oferta para a contratación dun servizo de desenvolvemento dunha App para procesos de emprendemento cooperativo, no marco dun convenio de colaboración coa Deputación da Coruña. Agardamos que sexa de interese para aquelas cooperativas socias que realicen estes servizos, que poderán candidatarse e presentar unha proposta ata o 7 de agosto de 2023 ás 14 horas. Ler máis




Itinerario de Teleformación para o Emprendemento Cooperativo na área de Compostela


Abriu a inscrición aos cursos do Itinerario de Teleformación para o Emprendemento Cooperativo na área de Compostela, que dará inicio o día 13 de setembro:
- Emprendendo en cooperativa | Do 13 ao 27 de setembro de 2023.
- Habilidades para o traballo en equipo nas cooperativas | Do 3 ao 17 de outubro de 2023.
- Desenvolvendo a idea cooperativa | Do 18 ao 31 de outubro de 2023. 
Cada un ten unha duración de 20 h.
 Ler máis




Xoves cooperativos: `Normativa e Lexislación Cooperativa´

O vindeiro mes de setembro celebramos a próxima sesión dos Xoves cooperativos, organizados por EspazoCoop en colaboración co Concello da Coruña, será o 14 de setembro, e abordará a temática "Normativa e Lexislación Cooperativa", unha pílula formativa impartida por Xedega s. coop. galega. A reserva de praza para participar xa está habilitada, ben presencialmente na Coruña, ben vía Streaming. Inscrición. Ler máis

 


Roteiro Cooperativo en Santiago de Compostela

O Concello de Santiago de Compostela e a Unión de Cooperativas EspazoCoop promoven o Roteiro Cooperativo, unha iniciativa que se desenvolve dentro do programa `Impulsando un ecosistema emprendedor na economía social´, dando continuidade á alianza que ambas entidades manteñen nos últimos anos para fomentar o cooperativismo.

A actividade gratuíta, continúa o 26 de setembro e o 5 de outubro con máis rutas guiadas por Santiago de Compostela para coñecer catro cooperativas da cidade e achegarse ao cooperativismo. Identifícanse cooperativas que están presentes no día a día da cidadanía, ao tempo que se promociona o modelo cooperativo. Reserva a túa praza! Ler máis


 




Estudio de necesidades de formación 2023 [Coceta]

Coceta, a Confederación estatal de cooperativas de traballo, lanza a enquisa do estudio para identificar necesidades de formación e solicita a colaboración de cooperativas en Galicia para a súa cumprimentación, en especial das socias da Unión, entre o persoal directivo, responsables de recursos humanos e de formación.
É unha acción que que se enmarcan na Lei 30/2015 pola que se regula o Sistema de Formación Profesional para o emprego no ámbito laboral. Coa colaboración e participación das cooperativas poderán promover e ofrecer mellores prácticas de formación no ámbito cooperativo. Participa na enquisa neste enlace


 


Axudas 

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas.  As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste enlaceAxudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha). 




Licitacións 

Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).

 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Travesía de San José 10. Entreplanta dereita. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104. Baixo esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Marqués de Valladares 14, 2º. Oficinas 4-5. 36201|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO