Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera

 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZO COOP
 
[ 30 de Setembro de 2022 ]
 


 

EspazoCoop estará presente no Primeiro Encontro de Emprendemento organizado polo Concello da Coruña.

EspazoCoop estará presente no Primeiro Encontro de Emprendemento organizado polo Concello da Coruña Terá lugar o sábado 1 de outubro en horario de 10:00 a 19:00 horas no mercado de San Agustín, e as persoas visitantes poderán coñecer de primeira man todos os servizos de EspazoCoop a través do seu stand corporativoLer máis




O Cooperativismo, presente no Placemaking Week Europe de Pontevedra

A Unión de Cooperativas EspazoCoop estará presente en varias das actividades deste Congreso. Placemaking Week Europe de Pontevedra, é o maior evento europeo para analizar e reflexionar sobre o impacto da creación de espazos. E como non podía ser doutra maneira, o cooperativismo tamén estará presente da man de varios membros do Consello Rector da Unión de Cooperativas EspazoCoop, que participarán en actividades do programa. Ler máis




Xerar e madurar Proxectos de Intercooperación

Encontros o 6 e 19 de outubro. Entre as actividades que conforman o Programa Itinerario de Intercooperación de EspazoCoop, celebramos encontros de xeración de proxectos de colaboración, entre cooperativas e outras empresas e entidades da Economía Social e Solidaria, en particular para os sectores como a cultura, ensino, asesorías, consumo, ou TIC, entre outros.
O primeiro dos encontros. o 6 de outubro, será en Santiago, e o segundo o 19 de outubro, celebrámolo en formato virtual. Hai motivos para intercooperar, exerce a intercooperación!. Asistencia libre previa inscrición. Ler máis





Aceleradora #impulsocoop 

Encontro o 5 de outubro en liña | EspazoCoop celebra unha sesión da Aceleradora #impulsocoop,  de 9.30 a 11.30 h, baixo o título "Intercooperamos para impulsar a nosa Cooperativa". Está destinado tanto ao grupo das 10 cooperativas socias beneficiarias da Aceleradora, como a outras cooperativas interesadas de recente constitución. A través da Aceleradora búscase apoiar o crecemento das novas cooperativas. Asistencia libre previa inscrición. Ler máis

 




A Unión intervén na 'Xornada Economía Social e Emprendemento' do Concello de Narón

Este venres 30 de setembro a Unión de Cooperativas participa no programa da Xornada que se celebra en Narón para promocionar modelos de emprendemento do sector da economía social. A técnica de EspazoCoop, Mar Pernas Márquez, intervén a partir das 10.15 h., xunto a outras organizacións asociativas, entidades de financiamento ético, presentación de experiencias e da Oficina Local de Fomento da Economía Social do Concello de Narón. Ler máis




XI Xornada de Tributación na Econonía Social - Cepes

10 de outubro de 10.30 a 13.30 h., organizada por Cepes "Xornada de Tributación na Economía Social. Novos retos para a economía social: a reforma laboral e outras novidades en materia social e fiscal". Imparten: Pilar Alguacil e Manuel Alegre. A xornada será en formato híbrido, presencial en Madrid e tamén en Streaming.  Ler máis


 


Volvemos ao horario de outono-inverno.

A partir de Outubro o equipo técnico da Unión de Cooperativas EspazoCoop volve ao horario da tempada outono-inverno. A atención ao público será de Luns a Xoves de 8.30 a 16.30 horas, e os Venres de 8.30 a 15.30 h.


 


Asóciate! A Unión fai a forza

Queremos estimular entre as cooperativas galegas o interese por asociarse a EspazoCoop, por integrarse na asociación de cooperativas máis grande de Galicia en canto a número de socias, que actualmente conta cunha rede de máis de 235 empresas cooperativas.

Asóciate! A Unión fai a forza quere contribuír a incrementar o nivel de afiliación das cooperativas galegas, e en todo caso aumentar a visibilidade e o coñecemento sobre o labor e a función da Unión no cooperativismo da comunidade. Ler máis


 



Axudas 

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas.  As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste enlaceAxudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).  


 




Licitacións 

Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).



 



 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Travesía de San José 10, Ent.A. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104, baixo, esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Taboada Leal 15, entreplanta. 36203|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO