Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera
 












 
 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZOCOOP
 
[ 20 de marzo de 2026 ]
                                                                         

Webinar de Coceta
"Microcredenciais e aprendizaxe permantente: Certificación do valor da Economía Social a través da Formación"

O próximo 26 de marzo de 2026, de 9:30 a 11:00 e vía Teams, a nosa Confederación, COCETA, celebra un novo webinar que denomina “Microcredenciales e aprendizaxe permanente: Certificación do valor da Economía Social a través da Formación”, no marco das actividades que desenvolvemos para SEPE e FUNDAE.

As microcredenciales están a consolidarse como unha ferramenta clave da aprendizaxe permanente en España e Europa, e para a Economía Social representan unha gran oportunidade para profesionalizar o sector, recoñecer competencias, mellorar a empregabilidade, atraer talento e responder de forma flexible ás novas demandas formativas.

Por iso, a través deste webinar pretenden ofrecer unha visión clara sobre que son, como se implantan e que oportunidades reais ofrecen ás persoas traballadoras e ás cooperativas. No webinar participamos a Unión de Cooperativas EspazoCoop para comentar a nosa experiencia práctica neste campo, xa que actualmente contamos con 3 microcrendenciais universitarias, coas universidades de Vigo e Santiago de Compostela, en materia de cooperativismo e economía social.

Saber máis


Formación en `Xestión económica e financeira en cooperativas de traballo asociado´

Curso en liña para cooperativas (30 h) | Se es unha persoa socia dunha cooperativa de traballo esta formación interésache. Bule porque a preinscrición estará aberta só ata o luns 23 de marzo!

As cooperativistas precisan contar con coñecementos que aporten claves para comprender a xestión económica e financeira da súa cooperativa de traballo, saber como aplicar ferramentas de planificación e análise que impacten na mellora da cooperativa, e tomar as mellores decisións (esto fai parte do seu papel como persoa socia dunha empresa cooperativa).

Así que, se estás interesada en formarte en Xestión Económico-Financeira da Cooperativa de Traballo Asociado a Universidade de Santiago de Compostela lanza un curso de formación específica (Microcredencial universitaria) en colaboración coa Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop. 

Celébrase d
o 7 de abril ao 29 de maio de 2026 para persoas de entre 25 e 64 anos, trátase dun curso de 30 h. e 3 créditos que para acceder ao mesmo non é preciso titulación universitaria.

Docencia especializada: con Cerne Asesores S. Coop. Galega, Fiare Banca Ética, Fundación Finanzas éticas, Caixa Rural Galega, Agencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) e Algalia S. Coop. Galega (asesoría e consultoría para a economía social).

MÁIS INFORMACIÓN sobre este curso na web de EspazoCoop aquí 


Programa Medrando Xuntas

Medrando Xuntas é un programa da Rede Eusumo (Xunta de Galicia) que impulsa o liderado feminino na Economía Social galega. Nace para acompañar, conectar e fortalecer ás mulleres que crean, cooperan e transforman o territorio a través de proxectos con impacto social.

Que obxectivos ten: reforzar o liderado e a participación das mulleres na Economía Social, facilitar formación práctica e accesible para mellorar competencias profesionais e estratéxicas, crear redes de apoio e intercooperación entre mulleres de distintos sectores e territorios, e visibilizar proxectos liderados por mulleres con impacto social, innovación e arraigo territorial.

O programa consta de 2 cursos, orientados a distintos perfís de mulleres:
- Formación para Socias e Traballadoras (20 h)

Formación para Directivas e Futuras Líderes (60 h). 

Ambos itinerarios impartiranse en modalidade mixta, con encontros presenciais e en liña, celebrándose a primeira sesión o vindeiro 11 de abril. O prazo para inscribirse está aberto ata o vindeiro 25 de marzo de 2026.


Saber máis


[Oferta de contratación]
Servizo de comunicación institucional da Unión de Cooperativas EspazoCoop

Servizo de deseño da comunicación institucional e prestación de servizo de gabinete de comunicación externa institucional da Unión de Cooperativas EspazoCoop.

EspazoCoop lanza unha oferta para a contratación dun servizo de comunicación institucional. A recepción na Unión de Cooperativas de candidaturas e propostas estará aberto ata o venres 27 de marzo de 2026 ás 10 horas.

Obxeto do contrato: Convócase un concurso público para a contratación dun servizo para o deseño dunha comunicación estratéxica para o posicionamento público de EspazoCoop, e prestar o servizo de gabinete que deriva das accións resultantes de comunicación externa. Estas incluirán as actividades institucionais da Unión de Cooperativas EspazoCoop, así como, de maneira puntual, outros temas de interese propios da actividade habitual da entidade.


Saber máis


Curso: "Economía Social e Emprendemento Cooperativo en Galicia"

 
Queres formarte en Economía Social e Emprendemento Cooperativo en Galicia?, a USC lanza un curso de formación específica (Microcredencial Universitaria) en colaboración coa Unión de Cooperativas EspazoCoop.

Trátase da primeira Microcredencial Universitaria específica en materia de cooperativismo e economía social na nosa comunidade. 
 
O departamento organizador, Pedagoxía e Didáctica da USC, desenvolve a formación en liña do 20 de abril ao 20 de maio de 2026 para persoas de entre 25 e 64 anos, sendo un curso que conta con 2 créditos, financiado polo Plan Microcreds.

A formación ten por finalidade dar a coñecer as características fundamentais das cooperativas de traballo, os seus principios e valores, analizar o proceso de creación, comprendendo como son os modelos de funcionamento e gobernanza democrática e participativa que as identifica, e finalizar deseñando un proxecto básico de cooperativa de traballo.

O prazo para preinscribirse é ata o 31 de marzo de 2026.

Saber máis



Axudas


Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas. As asociadas podedes consultar as diversas referencias de axudas e acceder ás súas bases neste enlace: Axudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).
 



Licitacións
 
Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).
 


 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Praza do Papagaio s/n (Accede Papagaio). 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|República do Salvador 3, 2º D. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Marqués de Valladares 14, 2º. Oficinas 4-5. 36201|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO