Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera
 












 
 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZOCOOP
 
[ 15 de maio de 2026 ]
                                                                         

Espazo de encontro o Día da Economía Social Galega

O Foro pola Economía Social Galega, o vindeiro 29 de maio volverá a reunir nun evento moi especial e significativo, un enriquecedor espazo de encontro, reflexión e impulso colectivo arredor dun modelo económico máis xusto, sostible e centrado nas persoas.

O ForoESGal convida ás cooperativas socias de EspazoCoop a participar nun evento que reunirá a entidades, profesionais e persoas comprometidas coa Economía Social para compartir experiencias, coñecemento e boas prácticas, así como para poñer en valor o papel transformador deste sector en Galicia.

O programa incluirá a presentación do informe “Diagnose da economía social en Galicia: retos e oportunidades”, elaborado pola Universidade de Vigo por encargo do ForoESGal. Elena Rivo, coautora do estudo, achegará todos os detalles dun traballo que ofrece unha visión actualizada e operativa do sector no noso país.

A cita, que conta coa colaboración da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, constituirá, un ano máis, unha excelente oportunidade para fortalecer redes, xerar sinerxías e avanzar cara un futuro máis inclusivo e solidario.

Anotade na axenda! 29 de maio ás 12 h. no Hotel Puerta del Camino. Podedes inscribirvos xa a través deste formulario.




 

AXENDA o día! EspazoCoop celebra a súa Asemblea 2026 o vindeiro 5 de xuño

AXENDA o día!. EspazoCoop celebra a súa Asemblea xeral o vindeiro venres 5 de xuño de 2026 en sesión matinal na Cidade da Cultura, Edificio Fontán (Sala Eventos), Santiago de Compostela.

O luns 18 de maio as cooperativas socias recibiredes a convocatoria formal da Asemblea coa orde do día, a documentación dos temas a abordar este ano, e abriremos o acceso á inscrición.

En EspazoCoop estaremos encantadas de contar vosa participación!


 

Webinar do programa Consolida+:
Interpretar estados financeiros en cooperativas

Apúntate ao próximo webinar do 27 de maio e aprende a Interpretar estados financeiros en cooperativas.

Neste webinar aprenderás a interpretar os estados financeiros para ter unha base que permita contar con certa capacidade para avaliar a saúde económica da cooperativa, o uso dos seus recursos, detectar riscos e identificar oportunidades de mellora na xestión.

EspazoCoop con esta iniciativa quere proporcionar ferramentas que afortalen a transparencia e a confianza interna e externa da entidade, que apoien a toma de decisións responsables e sostibles.

Reserva a túa praza aquí

Os webinars realízanse no marco do programa Consolida+ da Unión de Cooperativas EspazoCoop, e da programación da Rede Eusumo, que é un servizo gratuíto de asesoramento en procesos de consolidación e mellora das cooperativas. 

Saber máis


O programa EspazoCoop Emprende entrevista a Mecanigal S. Coop. Galega

O programa "EspazoCoop Emprende. O teu Futuro é Cooperativa" entrevista a Mecanigal S. Coop. Galega, unha das cooperativas beneficiarias dos servizos de apoio ao emprendemento do programa, que brinda soporte tanto na fase emprende (ata a creación da cooperativa), como na fase semente, con asesoramento e acompañamento gratuíto para consolidarse ata os 18 meses de vida, co fin de facer máis sólido o proxecto nas primeiras etapas da empresa.

"En EspazoCoop puidemos atopar desde o principio apoio e asesoramento".

EspazoCoop Emprende é un programa Éfeso, que conta con financiamento do Fondo Social Europeo Plus para o período 2021-2027.

Saber máis


Próxima charla sobre emprendemento cooperativo para a Fundación Mujeres

O primeiro paso para dinamizar e impulsar o emprendemento en cooperativa é sensibilizar sobre esta alternativa de autoemprego colectivo. A través do Programa de Sensibilización do Emprendemento Cooperativo de EspazoCoop achegamos ás persoas como é a realidade dunha cooperativa, as súas particularidades e as potencialidades deste modelo a nivel laboral.

A actividade divulgativa que propón EspazoCoop consta dunha exposión divulgativa e da participación de experiencias reais de cooperativas en funcionamento.

Neste contexto, o vindeiro 20 de maio impartiremos unha charla para a Fundación Mujeres no Centro Municipal de Empresas Accede Papagaio, en A Coruña.

Saber máis


A Xunta lanza os recoñecementos Medrando Xuntas Impulsa

Ao abeiro do programa Medrando Xuntas, a Xunta de Galicia lanza os recoñecementos Medrando Xuntas Impulsa 2026, unha iniciativa que nace para visibilizar, apoiar e recoñecer aqueles proxectos da Economía Social galega liderados por mulleres ou que teñen un impacto positivo nas súas vidas.

A convocatoria busca destacar iniciativas transformadoras que están a contribuír ao desenvolvemento social, á innovación e á sostibilidade no sector da Economía Social, a través de tres categorías:

  • Maior impacto social
  • Innovación e creatividade
  • Sostibilidade e economía circular

O prazo de presentación das candidaturas permanecerá aberto ata o 31 de maio e o acto de entrega dos recoñecementos celebrarase o 19 de xuño na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.

Saber máis



Axudas


Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas. As asociadas podedes consultar as diversas referencias de axudas e acceder ás súas bases neste enlace: Axudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).
 

 



Licitacións
 
Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).
 


 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Praza do Papagaio s/n (Accede Papagaio). 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|República do Salvador 3, 2º D. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Marqués de Valladares 14, 2º. Oficinas 4-5. 36201|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO