Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera
 









 
 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZOCOOP
 
[ 17 de outubro de 2025 ]
 
                                                                            
                                                   

EspazoCoop promove o 4º Congreso Galego de Cooperativas de Ensino no marco do ano internacional das cooperativas

A Unión de Cooperativas EspazoCoop e a Asociación de Centros de Economía Social de Galicia, (Aces-Galicia) co apoio da Rede Eusumo, celebran o vindeiro 15 de novembro o 4º CONGRESO GALEGO DE COOPERATIVAS DE ENSINO no Hotel Carlos I de Sanxenxo, no marco do Ano Internacional das Cooperativas 2025. Este evento vai permitir analizar procesos internos das cooperativas de ensino e centros de economía social de Galicia para desenvolver o potencial do ensino cooperativo galego.

Baixo o lema "As cooperativas de ensino axudamos a construír un mundo mellor", o Congreso de EspazoCoop busca reivindicar un modelo de ensino perante as Administracións competentes, as organizacións do sector do ensino, e ante a cidadanía, para visibilizar e dar a coñecer unha alternativa válida tanto a nivel empresarial e laboral como pedagóxico, baixo os principios do cooperativismo.

O seu programa comprende relatorios marco, grupos de traballo, stands, e un xantar para confraternizar e intercambiar.

Saber máis


 


Continúan as actividades de fomento da economía cooperativa en colaboración co Concello da Coruña

Esta semana iniciaron as actividades de COOPERATIVISMO EN CENTROS DE ENSINO no Concello da Coruña. Con charlas divulgativas "E ti, coñeces a fórmula cooperativa?" e Roteiros Cooperativos para visitar cooperativas da Coruña, achegaremos o cooperativismo a estudantes de varios centros de ensino nos meses de outubro e novembro.
 
Esta iniciativa, impulsada por EspazoCoop, fai parte dun programa de accións para 2025 realizadas en colaboración co Concello, co que a Unión vén traballando de maneira conxunta a través de diferentes proxectos para poñer en valor o cooperativismo e achegalo á cidadanía. Se queres coñecer o programa de accións 2025 no Concello da Coruña podes consultar o calendario das distintas liñas de traballo.

Saber máis


 


Xornada “Talento Cooperativo”. Un programa de fortalecemento de empresas de economía social

A Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop celebrará o xoves 23 de outubro a Xornada: Talento Cooperativo, en modalidade online, de 10 a 12.30 h. O evento, aberto ao público, abordará o proxecto Talento Cooperativo, un programa de fortalecemento para mellorar as áreas de xestión das empresas de economía social galegas, que se artella a través da concesión de bolsas de apoio xerencial aos colectivos destinatarios do programa, está no marco da programación da Rede Eusumo (Xunta de Galicia) e do Proxecto Poctep ES_Factory (FSEplus – Cepes).


Saber máis


Formación para persoas prescriptoras: actores no emprendemento cooperativo

A Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop, no marco do Proxecto ES-FACTORY, Programa Interreg VI A España – Portugal 2021-2027, ofrece para o mes de novembro un curso destinado a persoas prescriptoras de emprego e emprendemento en Galicia: “Impulsando un ecosistema emprendedor no cooperativismo”. Cunha duración de 40 h. será impartido en modalidade de teleformación do 4 ao 30 de novembro de 2025, con tres sesións virtuais de aprendizaxe.

Os principios e valores nos que se basea o cooperativismo e a economía social, bríndannos unha alternativa positiva e contrastada para acadar unha mellor situación de acceso ao emprego. 

Saber máis




Axudas


Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas. As asociadas podedes consultar as diversas referencias de axudas e acceder ás súas bases neste enlace: Axudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).
 



Licitacións
 
Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).
 


 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Praza do Papagaio s/n (Accede Papagaio). 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|República do Salvador 3, 2º D. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Marqués de Valladares 14, 2º. Oficinas 4-5. 36201|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO