| Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador |
|
|
| |
:
|
BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZOCOOP
[ 21 de novembro de 2025 ]
As escolas cooperativas reuníronse para debater o futuro do ensino no 4º Congreso galego do sector
O 4º Congreso Galego de Cooperativas de Ensino tivo lugar o pasado sábado no Hotel Carlos I de Sanxenxo cunha participación de preto de 100 persoas inscritas, pertencentes a 14 cooperativas de ensino de toda Galicia e a entidades sindicais do sector educativo.
O Congreso está organizado por EspazoCoop e ACES-Galicia, co apoio da Rede Eusumo, e enmárcase na celebración do Ano Internacional das Cooperativas 2025, co obxectivo de poñer o foco no ensino cooperativo como unha fórmula viable, sostible e competitiva, alternativa ao modelo privado tradicional, que combina calidade educativa, democracia interna e mellora das condicións laborais do profesorado.
Saber máis

Chega SOMOS CULTURA, SOMOS COOP un evento que reunirá ao cooperativismo cultural en Galicia
EspazoCoop, en colaboración con Coceta, no marco do Ano Internacional das Cooperativas 2025, celebran a próxima semana un encontro do cooperativismo cultural en Galicia os días 26, 27 e 28 de novembro nas cidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Pontevedra, respectivamente.
O encontro de tres días SOMOS CULTURA, SOMOS COOP reunirá a cooperativas culturais, asociacións de cooperativas e público interesado de diversos territorios (Valencia, Andalucía, Cataluña, Madrid e Galicia), nunhas xornadas apoidas pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a través de Agadic, a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, a Deputación da Coruña, a Rede Eusumo, e o Ministerio de Trabajo y Economía Social, en colaboración co Concello de Santiago de Compostela, o Concello da Coruña e Culturgal.
Saber máis

O Foro de Investigación Xuvenil, impulsado polo cooperativismo de ensino, volve a Vigo
Do 20 ao 22 de novembro celébrase en Vigo o Foro Intercomunitario de Investigación Xuvenil na Escola de Enxeñería Industrial da UVigo, que este ano celebra a súa edición número catorce.
O Foro de investigación é unha iniciativa colaborativa, promovida polas escolas cooperativas Alborada de Vigo e Santiago Apóstol de Soutomarior, o Institut El Cairat de Barcelona, o Instituto Cultura Ciencia e Tecnoloxía (ICCT) e a Unión de Cooperativas EspazoCoop.
O Foro de investigación naceu para promocionar a investigación na mocidade, o traballo en equipo, o intercambio de coñecemento e relacional, e a divulgación dos resultados dos estudos prácticos. A edición de 2025 será a de maior participación ata o momento con preto de 200 escolares de educación secundaria, pertencentes a 12 centros de ensino de Galicia, Cataluña e Valencia.
Saber máis

EspazoCoop participará no II Encontro de Emprendemento organizado polo Concello da Coruña
O obxectivo do evento organizado polo Concello da Coruña é por en valor o ecosistema emprendedor local, para elo o próximo 29 de novembro no Mercado de San Agustín, de 10:30 a 19:00 horas levará a cabo o II Encontro de Emprendemento. A Unión de Cooperativas EspazoCoop terá a oportunidade de asistir cun posto informativo, e de intervir na mesa redonda de entidades de emprendemento.
O cooperativismo tamén estará presente nos postos de empresas coas cooperativas Tako Group, Leónikas e Manchea, ou na programación, con 50Pés, que intervirá nos "asesoramentos express" para abordar as finanzas éticas, concertando cita previa aquí, aínda que se o interese é asesorarse sobre empresa e organización pódese cocertar a cita aquí.
O encontro finalizará coa entrega dos premios ao empredemento desta segunda edición. Consulta o programa completo.
Saber máis

Gala da clausura do Ano Internacional das Cooperativas 2025
A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e o Consello Galego de Cooperativas promoven un acto de visibilización do Ano Internacional das Cooperativas 2025, o vindeiro 11 de decembro, unha xornada concibida como recoñecemento ao papel esencial que desempeñan as cooperativas no desenvolvemento económico e social de Galicia. O evento terá lugar ás 17:30 h nun recinto cuberto situado na Praza da Quintana, en pleno corazón de Santiago de Compostela.
Baixo o lema “É posible vivir dentro do cooperativismo”, a gala destacará o valor desta fórmula empresarial como motor de creación de emprego de calidade, promoción da igualdade e fortalecemento do tecido produtivo galego. A iniciativa pretende poñer en primeiro plano o compromiso das cooperativas coa sustentabilidade, a cohesión social e a economía do territorio.
A xornada contará cun programa de carácter institucional e divulgativo no que se porán en valor os principios cooperativos, o seu impacto no presente e as oportunidades de futuro que representan para Galicia.
A participación é aberta ao público, mais requírese inscrición previa a través do formulario de inscrición habilitado pola organización.

A USC lanza un programa de mentorías para acompañar emprendedoras no desenvolvemento de plataformas dixitais
Un programa pensado para proxectos que prioricen a figura cooperativa, a inscrición pecharase o 5 de decembro de 2025.
A Universidade de Santiago de Compostela, no marco do Proxecto ES-Factory lanza un programa de mentorías gratuíto para acompañar persoas emprendedoras no desenvolvemento de plataformas dixitais. A convocatoria está dirixida a quen queira crear a súa propia plataforma (por exemplo xestionar compras compartidas ou produción a demanda, free tours, actividades deportivas ou aulas particulares, entre outros). As plataformas poden ser concebidas como novas liñas de negocio ou como novos proxectos empresariais e priorizarase a figura cooperativa.
O programa ofrece mentorización especializada e formación práctica, en modalidade virtual e presencial. A dita mentorización fai parte das accións de ES-Factory, proxecto europeo liderado pola Xunta de Galicia nun consorcio de entidades de Galicia e o Norte de Portugal do que tamén é socia A Unión de Cooperativas EspazoCoop.
Saber máis
Axudas
Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas. As asociadas podedes consultar as diversas referencias de axudas e acceder ás súas bases neste enlace: Axudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).
Licitacións
Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).
|
|
|
|
|
|
ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop
A Coruña|Praza do Papagaio s/n (Accede Papagaio). 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|República do Salvador 3, 2º D. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Marqués de Valladares 14, 2º. Oficinas 4-5. 36201|+ 34 986 866 149
|
|