+COOP: Forma cooperativas con EspazoCoop
+COOP é un programa da Unión de Cooperativas EspazoCoop que ten por finalidade asesorar e acompañar a grupos de persoas que promoven empresas cooperativas, faino de xeito gratuíto en toda Galicia, e enmárcase na programación 2024-2025 da Rede Eusumo (Xunta de Galicia) e no programa Efeso, EspazoCoop Emprende, (FSE Plus).
A Unión ten asignado para este servizo un total de 600 horas, que aplicará nos acompañamentos para crear cooperativas ata 30 de setembro de 2025. No seu plan de traballo tamén inclúe unha prospección para captar persoas promotoras de ideas de negocio en ámbitos das economías emerxentes, susceptibles de ser organizadas baixo a fórmula cooperativa.
Saber máis
Subvencións para realizar iniciativas de promoción da economía social por parte de entidades da Rede Eusumo
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade publicou a convocatoria das subvencións ás entidades colaboradoras da Rede Eusumo para as anualidades 2025 e 2026.
A súa finalidade é a realización de actividades de promoción, visibilización e desenvolvemento da economía social a través de accións de formación, divulgación e asesoramento, fomentando a aptitude emprendedora e a creación e consolidación de emprego por parte das entidades colaboradoras da Rede Eusumo: asociacións de entidades de economía social, concellos de Galicia, mancomunidades de municipios, consorcios locais, cámaras de comercio, universidades, fundacións e asociacións e as organizacións profesionais, empresariais e sindicais.
Saber máis
Programa de Intercooperación:
Encontro da sectorial de ensino
EspazoCoop convida ás cooperativas de ensino a participar no encontro que organiza o vindeiro sábado 22 de febreiro, no marco do Programa de Intercooperación 2024-2025, para abordar temáticas de interese para o sector. O encontro da Sectorial de Ensino de EspazoCoop abordará o proceso de relevo xeracional nas cooperativas de ensino e a entrada de novas persoas socias. Este programa conta co apoio da Rede Eusumo (Xunta de Galicia).
Saber máis
Charlas sobre emprendemento cooperativo nas localidades de A Guarda e Chantada
O primeiro paso para dinamizar e impulsar o emprendemento en cooperativa é sensibilizar sobre esta alternativa de autoemprego colectivo. A través do Programa de Sensibilización do Emprendemento Cooperativo de EspazoCoop achegamos ás persoas como é a realidade dunha cooperativa, as súas particularidades e as potencialidades deste modelo a nivel laboral. A actividade divulgativa que propón EspazoCoop consta dunha exposión divulgativa e da participación de experiencias reais de cooperativas en funcionamento.
A inscrición continúa aberta para as próximas sesións na OMIX de A Guarda o 27 de febreiro, e na sede de Daveiga en Chantada o 21 de marzo.
Saber máis
Axudas