Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera
 






 
 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZOCOOP
 
[ 22 de marzo de 2024 ]
 



Inserta Emprego e EspazoCoop únense para fomentar o emprendemento nas persoas con discapacidade

A directora rexional de Inserta Empleo en Galicia, Beatriz Gallego, e a presidenta da Unión de Cooperativas EspazoCoop, Ana Olveira, asinaron un convenio para fomentar o emprendemento entre as persoas con discapacidade, como medio para conseguir a súa inclusión sociolaboral. Desde o cooperativismo búscase mellorar a calidade de vida das persoas deste colectivo. Ler máis

 


O programa de teleformación "Muller, a cooperativa é para ti" inicia o 8 de abril

A Unión de Cooperativas EspazoCoop ten aberta as inscricións ao programa formativo “Muller, a cooperativa é para ti” que se impartirá a partir do 8 de abril de 2024 ofrecendo 3 cursos de teleformación, GRATUÍTOS, realizados dende a Aula Virtual de EspazoCoop:

  • Muller, lánzate a emprender en cooperativa, inicio 8 de abril
  • Habilidades para o traballo en equipo en cooperativas, inicio 25 de abril
  • Desenvolvendo a idea cooperativa, inicio 13 de maio

A fórmula cooperativa é unha eficaz ferramenta para conseguir a integración e a igualdade no mundo laboral para as mulleres, en condicións dignas e estables, e con amplas posibilidades de desenvolvemento profesional. Ler máis



 

COFEPA, a primeira cooperativa de profesorado de autoescola de España, cumpre os 50

A Cooperativa Ferrolana de Profesorado de Autoescola celebrou 50 anos de actividade o 16 de marzo. Á cita foi invitada Pilar Lozano Yáñez, do consello reitor de EspazoCoop, que acompañou á nosa socia Cofepa nun día tan especial e significativo. Cofepa tamén é unha das empresas cooperativas máis lonxevas de Galicia, demostrando a estabilidade que ofrecen as cooperativas ás súas socias traballadoras. Desde a Unión de Cooperativas EspazoCOop queremos aproveitar para enviar moitos parabéns á nosa socia Cofepa!!. Ler máis




Novos Encontros coa veciñanza en cinco concellos en abril para informar da creación de Comunidades Enerxéticas

Os socios do proxecto europeo EC4RURAL continúan avanzando nas fases de traballo para dar forma ao Piloto Galego. Na primeira quincena de abril terán lugar cinco novas reunións das que manterán cos 22 concellos galegos que formalizaron a súa colaboración e interese en promover a creación de comunidades enerxéticas rurais nos seus territorios.

  • Concello de O Valadouro | xoves 4 de abril
  • Concello de Avión | venres 5 de abril
  • Concello de Tomiño | martes 9 de abril
  • Concello de Becerreá | venres 12 de abril
  • Concello de Ourol | luns 15 de abril

Son reunións abertas a toda a veciñanza, na que a Unión de Cooperativas EspazoCoop participará como integrante do grupo de socios do proxecto liderado pola Universidade de Vigo. Ler máis



 

Pase do documental "La Singla", 4 de abril no Auditorio Municipal de Vigo

Fiare Banca Ética e a Fundación do Secretariado Xitano convidan ás socias de EspazoCoop e á rede relacional da nosa Unión ao pase do documental "La Singla", que foi cofinanciado por Fiare Banca Ética, dirixido por Paloma Zapata e gañador dun Premio Feroz.
"La Singla" é a historia de Antonia Singla que sendo de condición xorda aprendeu a bailar sen escoitar a música, e alcanzou sona internacional como bailadora nos anos 60 sendo unha rapaza, para despois desaparecer antes de cumprir os trinta anos.

Despois do pase, realízase un conversatorio con representantes da Fundación Secretariado Xitano e de Fiare Banca Etica para coñecer a ambas organizacións, a súa visión sobre o documental e o seu traballo no territorio moderado por Xosé Luis Barreiro.

O evento está previsto para o xoves 4 de abril ás 19 horas, no Auditorio Municipal de Vigo (Praza do Rei 1). Para facilitar a organización prégase reservar praza Inscríbete aquí


 
 


Axudas 

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas. 
As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste  enlace: Axudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).


 

 
Licitacións 
 
Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).

 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Travesía de San José 10. Entreplanta dereita. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104. Baixo esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Marqués de Valladares 14, 2º. Oficinas 4-5. 36201|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO