Xuntanza entre EspazoCoop e a Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia
Representantes do Consello Reitor de EspazoCoop mantiveron un encontro con Pablo Fernández López, Secretario Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Xunta de Galicia, a pasada semana, no que expuseron algúns dos temas de maior interese para as cooperativas de EspazoCoop e para o cooperativismo da comunidade. Entre estes, un dos máis acuciantes é a reforma da Lei de Cooperativas, que desde EspazoCoop considerase fundamental contar co sector para participar na súa elaboración “xa que somos nós quen coñecemos mellor o día a día, as trabas burocráticas que atopamos e as diferenzas que presentamos coas empresas que non siguen este modelo empresarial”. Ler máis
A sectorial de cultura de EspazoCoop participará nos XXV Encontros pola Normalización Lingüística
A representante de EspazoCoop, Emilia Candal, da sectorial de cultura, turismo, ocio, patrimonio e medio ambiente, participará na edición XXV dos Encontros pola Normalización Lingüística o 17 de outubro, organizados polo Consello da Cultura Galega, que nesta ocasión titúlanse "Economía, lingua e sustentabilidade". Emilia Candal estará presente na mesa redonda da sesión da mañá "Vender en galego. Promoción e intervención". Ler máis
Axudas para empresas de Economía Social do Concello de Santiago
A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, acompañada pola responsable técnica do departamento de Promoción Económica, Carme Casado, deu conta da convocatoria de axudas destinadas á consolidación e ao mantemento de empresas de economía social, é dicir cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego ou empresas de inserción. Os gastos subvencionables serán os gastos correntes do 1 de xaneiro a 1 de outubro de 2023 (máximo 5.000 euros beneficiaria). O prazo para presentar as solicitudes abrirase ao día seguinte da publicación das bases da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, e finalizará o 31 de outubro. Ler máis
O vindeiro 19 de outubro Xoves cooperativos, na Coruña e vía Streming, baixo o título: `Intercooperación´
[Pílula formativa, no marco do convenio de colaboración entre o Concello da Coruña e EspazoCoop]
A próxima sesión dos Xoves cooperativos organizados por EspazoCoop en colaboración co Concello da Coruña celebrarase o 19 de outubro de 9.30 a 11.30 h., abordando a temática "Intercooperación", unha pílula formativa impartida por MedAtlantia s. coop. galega. A reserva de praza para participar xa está habilitada, ben presencialmente na Coruña, ben vía Streaming. Inscrición. Ler máis
Réxime Económico e Fiscal das Cooperativas. Comezo 18 outubro!
[Formación gratuíta e online]
A cooperativa Tagen Ata, dentro da programación de Coceta, imparte o curso Réxime Económico e Fiscal das Cooperativas. As prazas son limitadas e o comezo é inminente, o 18 de outubro.
Trátase de formación online, gratuíta, cunha duración de 30 horas. Recibirase diploma do SEPE. Están dirixidos a persoas traballadoras por conta allea, propia ou en ERTE de cooperativas e entidades de economía social. Inscrición. Ler máis.
EspazoCoop ten en marcha o programa de Charlas "Sensibilización para o emprendemento cooperativo"
Para dinamizar e impulsar o emprendemento en cooperativa deseñouse un programa de charlas coa idea de sensibilizar sobre esta alternativa de autoemprego en colectivo. O coñecemento é esencial para eliminar prexuízos e desinformacións, así como para promover unha mentalidade de colaboración e traballo en equipo. A programación 2023-2024 realizada pola Unión de Cooperativas EspazoCoop, en colaboración coa Rede Eusumo (Xunta de Galicia), contempla a realización de 10 charlas divulgativas tituladas “E ti, coñeces a fórmula?”. O vindeiro 21 de outubro celébrase unha delas en Moaña (Pontevedra), na cooperativa A Talangreira do Beque, un complexo deportipo na natureza, e estará aberta ao público. Ler máis
A formación xerencial de EspazoCoop arrincará cun curso de Fiscalidade Cooperativa Avanzada
A partir do día 7 de novembro, a Unión celebra 3 cursos gratuítos dentro do seu Programa Especializado de Formación Xerencial que realiza en colaboración co Concello da Coruña. Abordaranse materias específicas e especializadas sobre cooperativas co fin de mellorar a formación xerencial de socias e traballadoras de empresas cooperativas, ou doutras persoas e colectivos interesados nos mesmos. A inscrición está aberta e se realizan na Coruña:
- "Fiscalidade cooperativa avanzada" | 7 e 14 novembro 2023, dez horas.
Impartido pola cooperativa Xiama.
- "Xestión societaria e laboral nas cooperativas" | 21 e 28 novembro 2023, dez horas.
Impartido pola cooperativa Xedega.
- "Transformación de empresas mercantís en cooperativas" | 5 e 12 decembro 2023, dez horas. Impartido polas cooperativas Xedega, Cerne, Abeluria, e a Federación Andaluza de Empresas Cooperativas de Traballo Asociado (Faecta) Ler máis
Axudas
Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas. As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste enlace: Axudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).
Licitacións
Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).