Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera
 






 

 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZO COOP
 
[ 8 de Setembro de 2023 ]
 



EspazoCoop incorpora a nova Directora Xerenta á súa organización

Comunicamos, en especial ás cooperativas socias, que a Unión de Cooperativas EspazoCoop incorporou no seu equipo técnico a Lucía Mendoza Fernández, a nova Directora Xerenta en EspazoCoop. Lucía Mendoza é Licenciada en Administración e Dirección de Empresas e traballou no sector público e privado do Terceiro Sector. Moi pronto vola presentaremos para que a coñezades un pouco máis. Dámoslle a benvida á entidade, e sabede que está ao dispór das cooperativas socias.

 


 



 

En setembro volve o ensino máis COOP!

[Actividades dentro do Convenio de Colaboración co Concello da Coruña]

EspazoCoop ofrece un programa gratuíto de fomento de cooperativismo en centros de ensino, realizado en colaboración co Concello da Coruña, co obxetivo de dar a coñecer a idoneidade da fórmula cooperativa como vía de acceso ao emprego a través do emprendemento colectivo. As actividades realizaranse entre setembro e decembro de 2023, no caso de que os centros da Coruña estén interesados poden contactar coa Unión de Cooperativas, e de ser o caso, reservar e programar as actividades. As propostas deste programa inclúen:

–    Charlas informativas “E ti, coñeces a fórmula?”
–    Ciclo de Táboas redondas: “Montar unha cooperativa é unha boa opción”
–    Visitas “Coñece as cooperativas”
–    Escape Room “Desafío Cooperativo”. Ler máis



 




Encontros Sectoriais | 22 setembro, online
Cooperativas: Asesorías e Consultorías [Marca ExpertCoop]

[Dentro do Itinerario de Intercooperación de EspazoCoop]

Este programa de EspazoCoop busca impulsar procesos de intercooperación, e estimular a práctica deste Principio cooperativo fundamental, polo que celebramos o venres 22 de setembro un novo encontro online, o Encontro Sectorial das cooperativas asesorías e consutoras que son Marca ExpertCoop.
A intercooperación distingue especialmente a economía cooperativa e a súa cultura empresarial, polo que a través destes encontros as cooperativas poderán exercer a colaboración e a abordaxe en común de calquera tema que lles afecte ou que queiran desenvolver. Ler máis



 




O Itinerario Tele-Formativo para o Emprendemento Cooperativo arranca en setembro


O 13 de setembro iniciará o primeiro dos cursos programados no Itinerario de Teleformación para o Emprendemento Cooperativo na área de Santiago, son de carácter gratuíto e continúa aberta a inscrición!
Están organizados por EspazoCoop en colaboración co Concello de Santiago de Compostela:

- Emprendendo en cooperativa | Do 13 ao 27 de setembro de 2023.
- Habilidades para o traballo en equipo nas cooperativas | Do 3 ao 17 de outubro de 2023.
- Desenvolvendo a idea cooperativa | Do 18 ao 31 de outubro de 2023. 
Cada un ten unha duración de 20 h.
 Ler máis




Xoves cooperativos: `Normativa e Lexislación Cooperativa´
[presencial e vía streaming]

O 14 de setembro celebramos a próxima sesión dos Xoves cooperativos, organizados por EspazoCoop en colaboración co Concello da Coruña e abordará a temática "Normativa e Lexislación Cooperativa", unha pílula formativa impartida por Xedega s. coop. galega.
Reserva a túa praza para participar! ben presencialmente na Coruña, ben vía Streaming
.
Inscrición.
 Ler máis

 


Encontros Sectoriais | 14 setembro, Vigo
Cooperativas: Cultura, Turismo, Ocio, Patrimonio e Medio Ambiente

[Itinerario de Intercooperación de EspazoCoop]

Dentro do programa de EspazoCoop que busca impulsar procesos de intercooperación, e estimular a práctica deste Principio cooperativo fundamental, celébrase o xoves 14 de setembro de 10 a 13 horas en Vigo, o Encontro Sectorial das cooperativas da Cultura, Turismo, Ocio, Patrimonio e Medio Ambiente. A intercooperación distingue especialmente a economía cooperativa e a súa cultura empresarial, polo que a través destes encontros as cooperativas poderán exercer a colaboración e a abordaxe en común de calquera tema que lles afecte ou que queiran desenvolver. Ler máis

 


Axudas 

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas.  As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste enlaceAxudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha). 




Licitacións 

Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).

 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Travesía de San José 10. Entreplanta dereita. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104. Baixo esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Marqués de Valladares 14, 2º. Oficinas 4-5. 36201|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO